viernes, 19 de octubre de 2012
Comunicado da Deputación de Pontevedra
En relación ás manifestacións realizadas hoxe polo alcalde de Vigo, a Deputación de Pontevedra quere facer as seguintes precisións:
1.- Conseguir que a 68 edición da Volta a España teña a súa salida e desenvolva varias etapas que pasarán por 40 concellos da provincia de Pontevedra, é unha proba da capacidade de negociación e liderazgo da institución provincial para realizar inversións que supoñen retornos económicos e proxección dos sectores produtivos e turísticos da provincia.
2.- Ao amparo dese liderazgo, o alcalde de Pontevedra (BNG) soupo negociar correctamente coa entidade orgaizadora, Unipublic, e consigueu que unha etapa parta da cidade de Pontevedra.
3.- Esta actitude do alcalde pontevedrés, lamentablemente, non foi a mesma por parte do alcalde de Vigo que non só denunciou a Unipublic na pasada edición da Volta senón que, co seu carácter prepotente e de ir de sobrado pola vida, fixo imposible calquer acordo coa entidade orgaizadora co conseguinte perxuizo para a cidade de Vigo.
4.- O peor é que a actitude do alcalde vigués fai un dano irreparable _outro máis_ á cidade de Vigo e aos seus cidadáns que, en última instancia, son os que pagan os desmáns do rexidor. Así non se avanza, senón que se retrocede.
5.- Respecto aos cadros do pintor Maside, a Deputación reitera que, a petición da familia, as obras serán albergadas e custodiadas no Museo de Pontevedra en tanto a familia non culmine as negociacións que tén abertas con varias institucións e entidades _entre elas, tamén a Deputación de Pontevedra_ para a súa venta ou depósito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario