A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, presentaron esta mañá os proxectos aprobados esubvencionados pola Xunta para á área territorial de Vigo.
O proxecto que recibe unha maior subvención é o presentado polo Concello de Vigo, que alcanza os 133.000 euros para financiar nun 86,26% a humanización do entorno da igrexa de Zamáns.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, subvencionará un total de 16 proxectos dinamizadores das áreas rurais da cidade de Vigo e a súa área ao abeiro da Orde de axudas para esta convocatoria do período 2012/2013.
Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, presentaron en rolda de prensa os proxectos aprobados e subvencionados pola Administración autonómica correspondentes á área territorial de Vigo e que teñen coma obxecto -coma así queda reflectido na convocatoria- o desenvolvemento de actividades do seguinte tipo: fomento de actividades turísticas, servizos básicos para a economía e a poboación rural, novos retos: enerxías renovables, conservación e mellora do patrimonio cultural, e conservación e mellora do patrimonio natural.
Coma informaron hoxe María José Bravo Bosch e Antonio Crespo, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a Administración autonómica destinará preto de 600.000 euros (564.680,1 euros) a financiar un total de 16 actuacións dinamizadoras nos concellos de Fornelos de Montes, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, Redondela, Vigo, Mos e Moaña. A subvención que chegan a acadar cada un destes concellos procedente do Goberno galego está en torno ao 90%.
O proxecto que percibe un maior investimento é o presentado polo Concello de Vigo, que recibe unha axuda única de 133.197,59 euros para financiar a humanización do entorno da igrexa de Zamáns. Neste caso, a Administración autonómica subvenciona o 86,26% da totalidade da iniciativa presentada polo goberno local vigués para dita actuación que, segundo o proxecto, persegue a humanización da praza que actualmente conta con pavimento de cemento destinado ao tráfico rodado, coa pretensión de aumentar a zona peonil creando un espazo para o desfrute da poboación (obra civil, mobiliario e equipamento).
No caso do resto de concellos pertencentes á área territorial de Vigo, os proxectos van dende a mellora e acondicionamento de áreas recreativas, restauración de muíños, mellora de servizos de accesibilidade ou a posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico do monte Penide, en Redondela, entre outros.
CONCELLO
|
PROXECTO
|
SUBVENCIÓN
|
Fornelos de Montes
|
-Proxecto de mellora e acondicionamento da área recreativa en Portovilán
-Construcción dun parque infantil detrás da igrexa de Fornelos
-Restauración e posta en valor dos lavadeiros de Pazos e de Brea
-Restauración dos lavadoiros da Xesteira e do Caño
|
140.347,32 euros
|
Salceda de Caselas
|
-Aula de novas tecnoloxías de información e comunicación
-Acondicionamento da antiga área recreativa de Rubindo
-Restauración dos muíños do Cobo e da Tol
-Acondicionamento do cruceiro de Fonte da Pedra e de Maceira
|
106.010,30 euros
|
Pazos de Borbén
|
-Dotación e mellora do servizo e accesibilidade nas piscinas municipais
|
12.218,12 euros
|
Redondela
|
-Espazos de convivencia no rural nas parroquias do concello de Redondela
-Posta en valor do patrimonio cultural e paisaxístico do monte Penide, Monte Penide Prehistórico
-Instalacións de AQS para enerxía solar térmica en instalacións municipais
|
74.170,93 euros
|
Vigo
|
-Humanización do entorno da igrexa de Zamáns
|
133.197,59 euros
|
Mos
|
-Acondicionamento do aceso leste á igrexa de Cela
-Parque biosaludable no campo da feira
|
92.709,68 euros
|
Moaña
|
-Aproveitamento enerxía solar para AQS na praza de abastos
|
6.026, 16 euros
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario