As oficinas do Servizo Público de Emprego que estaban ubicadas no Centro de Formación de Coia, en Vigo, trasladaranse desde hoxe a unhas novas instalacións no polígono de Navia
O departamento autonómico investiu 2,6 millóns de euros na compra e equipamento deste novo local
Isto suporá o traslado conxunto do persoal do Servizo Público de Emprego estatal (10 traballadores) e do galego (16 traballadores) e, por tanto, de toda a súa infraestrutura e arquivos
Vigo conta agora con catro oficinas de emprego: López-Mora, Sanjurjo Badía, Calvario e Vigo-Navia
As oficinas do Servizo Público de Emprego que estaban ubicadas noCentro de Formación de Coia, en Vigo, trasladaranse desde hoxe a unhas novas instalacións no polígono de Navia, co obxectivo de mellorar a atención ao cidadán demandante deste servizo.
Isto suporá o traslado conxunto do persoal do Servizo Público de Emprego estatal (10 traballadores) e do galego (16 traballadores) e, por tanto, de toda a súa infraestrutura e arquivos.
O departamento autonómico investiu 2,6 millóns de euros na compra e equipamento deste novo local na busca de dous obxectivos: ofrecer unhas instalacións máis amplas e modernas para contar cun servizo de emprego máis acorde ás necesidades dos cidadáns; e, doutra banda, liberar o actual centro de formación ocupacional de Coia para contar con máis espazo e ofrecer maiores oportunidades de formación, ao tempo que se busca ampliar a formación integral actual ás novas especialidades relacionadas cos sectores estratéxicos e produtivos da cidade.
As novas instalacións contan cunha superficie total de 1.100 metros cadrados, distribuídos en dúas plantas: a planta baixa con 693 metros cadrados e, o resto, no entresolo.
A Consellería de Traballo e Benestar cumpre así cos prazos previstos de trasladar o novo servizo no último semestre deste ano para que Navia conte cunha nova dotación administrativa e un novo servizo de atención ao cidadán. Deste xeito, Vigo conta agora con catro oficinas de emprego: López-Mora, Sanjurjo Badía, Calvario e Vigo-Navia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario