sábado, 19 de enero de 2013
Feijóo presenta un total de 1.359 avais para optar á Presidencia do PPdeG
O total aportado polo candidato supón un 67,9% do total de compromisarios que participarán no Cónclave
Castiñeira lembra que o PP de Galicia elexiu Lugo polos resultados obtidos nas pasadas elecciónsautonómicas
O candidato á Presidencia do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou un total de 1.359 avais á Presidenta do Comité Organizador do Congreso, Raquel Arias, o que supón case o triplo dos mínimos necesario para optar á reelección.
Malia que a cifra precisada era de 420, Feijóo aportou as firmas de case un 67,9% do total de compromisarios que asistirán a este cónclave dos populares galegos.
O candidato popular presentou aos seus avais xunto ao presidente local do PP de Lugo e o presidente do XV Congreso do PPdeG, Jaime Castiñeira quen agradeceu ao líder dos populares galegos que elixise a cidade da muralla para celebrar este cónclave.
Na súa intervención, o presidente do PP de Lugo e presidente do XV Congreso do PPdeG, Jaime Castiñeira, afirmou que “somos un partido valente e unido que toma decisións, por iso non temos medo ao debate interno”- manifestou, ademáis de engadir que outros partidos escapan dos Congresos porque non teñen nin un líder forte nin un programa queaporte solucións.
Agradeceu Jaime Castiñeira o xesto da dirección do PPdeG por elixir a cidade de Lugo para a celebración do Congreso e indicou que “cando opresidente lle propuxo á Xunta Directiva do PPdeG que Lugo fose a sede deste Congreso recordou que fomos a cidade galega onde obtivemos a maior porcentaxe de voto nas eleccións municipais; que a cidade da muralla tamén foi, das grandes cidades galegas, onde tivemos a maior porcentaxe de voto nas Xerais de 2011 e, por último, que Lugo fomos a urbe onde o PP obtivo maior porcentaxe de voto nas autonómicas de 2012”.
Asemade, lembrou o presidente do PP de Lugo e presidente do XV Congreso do PPdeG que “os resultados destes tres últimos procesos electorais son consecuencia de decisións e estratexias correctas pero máis importante que esta planificación son esforzos dos afiliados e simpatizantes. O mérito tamén é deles”.
Como apuntou Jaime Castiñeira, “os de Lugo, como o resto dos galegos, somos xente tenaz e sabemos que hai un esforzo colectivo detrás de cada éxito. E é aquí na provincia que foi o xermolo do Partido Popular onde nos toca estos días avanzar na renovación do partido, que necesariamente pasa por sentirnos orgullosos da nosa dobre condición de galegos e españois. A nosa renovación pasa polo galeguismo, centrismo e reformismo”.
Tras a apertura do Congreso, o presidente do PPdeG e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, quen tamén participou na inauguración, camiñaron ata o mural en homenaxe á memoria de Manuel Fraga e asinaron nel.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario