A Xunta de Galicia quere felicitar a todos os
vigueses e viguesas polo inicio das obras da nova EDAR do Lagares, nas que o
Goberno autonómico achega todo o cofinanciamento con fondos propios e cuxo
investimento supera os 120 millóns de euros.
Hai que lembrar que o 2 de Agosto do ano 2010
asinouse o convenio entre a sociedade estatal Acuanorte, a Xunta de Galicia a
través de Augas de Galicia e o Concello de Vigo, para a execución das obras da
EDAR de Vigo. Neste convenio acordase o seguinte esquema de financiamento:
|
Investimento real
|
Con gastos financeiros
|
||
ACUANORTE (Estado)
|
112,00
|
48,69%
|
112,00
|
45,28%
|
Xunta de Galicia / Augas de Galicia
|
104,34
|
45,37%
|
121,72
|
49,20%
|
Concello de Vigo
|
13,66
|
5,94%
|
13,66
|
5,52%
|
TOTAL
|
230,00
|
100,00%
|
247,37
|
100,00%
|
Datos en millóns de euros
Deste modo, a Xunta aporta máis de 120 millóns
de euros, sendo a Administración que maior financiación aporta (49% do total)
sendo así a maior inversión en materia hidráulica da historia de Galicia.
Estes días estanse a iniciar os traballos
previos nos terreos coa chegada da maquinaria e o valado do perímetro de
actuación co obxectivo de cumprir os prazos establecidos para esta importante
infraestrutura hidráulica que dará servizo a máis de 800.000 habitantes de Vigo
e a súa área.
No hay comentarios:
Publicar un comentario