A Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo organiza estas xornadas, que comezaron esta mañá e rematan mañá sábado.
A delegada territorial da Xunta recoñeceu o traballo do colectivo a prol da igualdade e na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos tratos.
Vigo, 21
de setembro de 2012.- A delegada territorial da Xunta
en Vigo, María José Bravo Bosch, inaugurou esta tarde o IV Encontro Nacional de Mulleres que organiza a Rede de Mulleres
contra os Malos Tratos de Vigo e que celebra este fin de semana na Residencia
de Tempo Libre de Panxón.
Durante todo o día de hoxe e o de mañá, un
total de 66 persoas asisten a estas xornadas, que teñen coma obxectivo manter e
fortalecer o contacto entre as asociacións de mulleres, establecer relacións de
axuda mutua e crear e fomentar redes comúns de traballo, así como favorecer a
súa formación. Cunha serie de conferencias, debates, obradoiros e grupos de
traballo, este IV Encontro Nacional pretende establecer puntos de encontro
entre os colectivos participantes.
Na súa intervención, Bravo Bosch recoñeceu o
traballo do colectivo de mulleres a prol da igualdade e, sobre todo, da Rede de
Mulleres contra os Malos Tratos por realizar este tipo de xornadas coa
finalidade de traballar na prevención e asistencia ás mulleres que sofren malos
tratos, así como na formación e información sobre xénero, sensibilizando e
difundindo os valores da igualdade entre as persoas e dando asistencia e
acompañamento a mulleres que sofren violencia de xénero.
Por último, a delegada da Xunta en Vigo animou
aos participantes a que aproveiten estas xornadas e esperou que as conclusións
ás que cheguen sirvan para seguir traballando na mesma liña de axuda ás
mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario