- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportou 6,1 millóns de euros ao Concello de Vigo a través dun convenio do Plan Hurbe para levar a cabo a mellora das rúas Manuel Álvarez, Severino Cobas e Escultor Gregorio.
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, asistiu esta mañá ao acto de inauguración da rúa.
- Bravo Bosch lembrou que o investimento do Goberno galego supuxo máis do 80% do orzamento en cada unha das tres intervencións, que no seu total ascendeu aos 7,3 millóns de euros.
O documento rubricado entre ambas administracións incluía tamén a mellora e humanización de tres rúas da cidade olívica. Ademais de Severino Cobas, incluía tamén traballos nas rúas Manuel Álvarez e Escultor Gregorio. Estas actuacións supuxeron unha achega total por parte da Xunta de Galicia de 6,1 millóns de euros xa que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportou máis do 80% do investimento de cada unha das tres intervencións, que no seu total ascendeu aos 7,3 millóns de euros
Esta semana, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, asistiu ao acto de inauguración de dita rúa, toda vez que o goberno local deu por rematados os traballos de mellora e humanización da vía.
A humanización da rúa Escultor Gregorio xa está rematada e foi inaugurada en solitario polo alcalde en xaneiro de 2011. No caso de Manuel Álvarez, a rúa tamén está rematada dende xaneiro de 2012, cursando aviso para a asistencia a súa estrea media hora antes da hora sinalada e impedindo así que acudira ningún representante da Xunta de Galicia. Para Severino Cobas, o Concello cursou unha invitación de forma xeral este luns día 1 de xullo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario