Sortearanse entre os demandantes que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentada solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda.
O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de doce vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento polo IGVS, no que poderán participar todos aqueles que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentado solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra.
Os interesados que cumpran o requisito anterior dispoñen de quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude na web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes. O prazo remata o 18 de xullo.
As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:
Localización
|
Nº
vivendas
|
Superficie
m2
|
Nº
dormitorios
|
Prezo
€
|
R/ Ferrería 31
|
1
|
65,56
|
1
|
91.437,84
|
R/ Ferrería 33-35
|
2
|
47,25
|
2
|
65.900,52
|
46,85
|
65.342,63
|
|||
R/ Ferrería 33-35
|
2
|
88,35
|
3
|
123.223,51
|
84,28
|
117.547,00
|
|||
R/ Ferrería 25-27-29
|
5
|
56,81
|
2
|
79.234,04
|
60,71
|
84.673,45
|
|||
65,68
|
91.605,21
|
|||
73,14
|
102.009,82
|
|||
116,55
|
3
|
162.554,62
|
||
Canellón do Estreito 12
|
1
|
62,75
|
1
|
87.518,68
|
Canellón do Estreito 12
|
1
|
92,57
|
2
|
129.109,23
|
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes de inclusión no sorteo e tramitadas as mesmas. A lista provisional de admitidos ao mesmo publicarase o seis de agosto, abríndose un prazo de sete días hábiles (ata o 14 de agosto) para reclamacións á mesma. A lista definitiva publicarase o 27 de agosto e o sorteo das vivendas realizárase o 17 de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario