A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo,visitou esta mañá o IES Politécnico de Vigo, que neste curso escolar 2012/2013 ofrece formación a máis de 1.600 alumnos e alumnas en ensinanzas de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato de Artes Plásticas e de Ciencias e Tecnoloxía así coma nun total de 23 ciclos formativos de materias industriais-en réxime ordinario e para adultos- ademais de Programas de Cualificación Profesional (PCPI).
Acompañada polo director do centro, Antonio Estévez, e polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, percorreu as instalacións –que datan dos primeiros anos do século XX- ecoñeceu as aulas destinadas á formación de mecanizado -que contan con maquinaria e tecnoloxía de última xeración- facendo así especial mención a este tipo de ensinanzas que principalmente estándirixidas ao eido profesional vinculado cos sectores industriais da cidade olívica. Cabe destacar así os ciclos de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas; desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción; instalación electrotécnicas; mantemento de equipo industrial; mecanizado; fabricación mecánica; instalación eléctricas e automáticas ou proxectos de edificación, entre outros.
A delegada destacou que se trata dun centro de referencia neste ámbito industrial resaltando a “aposta de futuro” que busca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este tipo de ensinanzas. Ademais, informou dos bos resultados que ten o alumnado que se forma neste centro, coma así se demostrou coa competición Galicia Skills deste ano xa que o gañador da modalidade CNC-Fresado é alumno deste centro e será o vindeiro representante do campionato Spain Skills. Ademais, tamén participará un alumno do IES Politécnico na modalidade CNC-Torneado da competición a nivel estatal por ser o único participante. No pasado curso 2010/2011 tamén obtiveron bos resultados.
É así un centro de referencia con proxectos sobre competencias industriais que pretenden poñer en estreita relación ás pequenas e medianas empresas co alumnado de dito centro co fin de ter un proceso de retroalimentación do que ambas partes resultan beneficiadas. Así, o apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao IES Politécnico de Vigo tamén se viu reflectido coa presentación dos proxectos “Competencias Industriais: un novo espazo de colaboración para a innovación entre as PEMES e os centros de FP”, e “DNF.Com: Metodoloxías para o diagnóstico das necesidades de formación e desenvolvemento de competencias emerxentes nas empresas”. Tamén participou, xunto a outros catro en España, no proxecto “Competencias industriais e robótica aplicada á soldadura”, unha iniciativa que tivo coma obxecto achegar a innovación e ofrecer a posibilidade de asesoramento en problemas relacionados co deseño, a soldadura e o mecanizado.
Por último, o IES Politécnico de Vigo é un dos centros con 4 aulas do proxecto ABALAR e 87 netbooks; e participa en importantes proxectos europeos coma o Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci ou coa acollida de estudantes estranxeiros. Conta cun Plan de Convivencia, que ten como obxectivo o mantemento dun ambiente de traballo ordenado, coherente e coordinado, así coma un Plan Lector para o fomento da lectura e a organización e dinamización da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario