O prazo de admisión de solicitudes remata hoxe venres, 25 dexaneiro de 2013. Ata o día de onte, xoves, inscribironse 9.991 xoves e faltan por contabilizar as solicitudes rexistradas hoxe ata as 19 horas.
A convocatoria do plan de primeira inserción laboral da Deputacióné para 74 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios en centros e servizos da Deputación Provincial, e de 195 bolsas nosconcellos da Provincia.
Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputaciónde Pontevedra, Rafael Louzán, a institución provincial estudia acometer unha segunda fase do plan ata acadar o número de 500 bolsas.
Nesta primeira fase, na selección dos titulados participarán, ademáis de técnicos da Deputación, profesores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
A partires de agora, o proceso desenvolveráse nas seguintes fases:
- Lista provisional de admitidos e excluidos, que se publicará naweb e no taboleiro de anuncios
- Prazo de 10 días, despois de publicada a lista anterior, para enmendar admitidos ou excluidos
- Proceso de selección en dúas fases: na primeira, concurso e valoración de documentación presentada con publicación naweb, etc polo menos 5 días hábiles de antelación á data da entrevista; e entrevista personal cos candidatos que superasen a primeira fase.
- Puntuacións finais e proposta de adxudicación de candidatos
No hay comentarios:
Publicar un comentario