lunes, 14 de enero de 2013

Anfaco firmó 85 convenios con entidades, universidades y administraciones de Galicia

A Axencia Galega de Innovación concedeulle axudas por preto de 600.000 euros para o Centro Tecnolóxico de Conservación de Produtos da Pesca, e 68.000 euros para a Plataforma Tecnolóxica Sector Agroalimentario 2012.

Anfaco-Cecopesca asinou nos últimos anos máis de 85 convenios de colaboración para desenvolver estudios e traballos conxuntos con entidades, universidades, administracións e empresas de Galicia, de España e doutros países ao tempo que xestiona un centro de formación destinado a ofertar programas de formación continúa, ocupacional e postgrao. Ademais,dende 1999, colabora coa Universidade de Vigo para o mantemento da cátedra que leva o seu nome eleva organizado, dende 1995, 15 congresos do Foro Internacional de Conservación da Pesca. Así o puxo de manifesto a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, que visitou esta mañá a sede de Anfaco-Cecopesca (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos) para manter un encontro co seu equipo directivo co obxectivo de coñecer as súas actividades e as instalacións que teñen en Lagoas-Marcosende.

Xunto ao seu secretario xeral, Juan Manuel Vieites, o adxunto á Secretaría Xeral, José Carlos Castro, e a responsable de Comercialización, Internacionalización e Relacións coa UE, Marta Aymerich; a representante da Administración autonómica na cidade percorreu as instalacións desta organización empresarial, que representa e defende os intereses de máis de 200 empresas do sector mar-industria, o cal aglutina unha cifra de facturación global de preto dos 6.000 millóns de euros empregando ademais a máis de 25.000 traballadores. Neste senso, Bravo Bosch loubou o seu traballo e as súas iniciativas á fronte do sector conserveiro.

No que atinxe á colaboración e axudas do Goberno galego, Bravo Bosch sinalou que o Igape apoiou investimentos de preto de 19 millóns de euros neste sector e, máis concretamente con Anfaco-Cecopesca, ao longo do pasado ano e a través da Axencia Galega de Innovación se lle concederondiversas subvencións entre as que destacan os preto de 600.000 euros ao Centro Tecnolóxico de Conservación de Produtos da Pesca para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas, e os 68.000 euros para a Plataforma Tecnolóxica Sector Agroalimentario 2012.

No hay comentarios: