domingo, 7 de octubre de 2012

O Partido Popular aposta por tomar as enquisas como un estímulo e a partir de aí traballar dun modo intenso e sen confiarse demasiado

• Os datos coñecidos hoxe apuntan a subas do PP e a baixadas do PSOE. No caso do BNG, ao máximo ao que pode aspirar é a manterse como ata o de agora

• O secretario xeral do PPdeG afirma que o acto de onte na Praza de Touros de Pontevedra demostra que o PPdeG está mobilizado

O secretario xeral e coordinador de campaña do PPdeG, Alfonso Rueda, apostou por converter os datos demoscópicos das enquisas nunha victoria o vindeiro 21 de outubro.

O dirixente popular asegurou que, a máis de dúas semanas para as eleccións, “imos polo bo camiño” e os galegos confían “no que estamos facendo” e “queren que sigamos catro anos máis”.

Non obstante, Rueda apuntou que as enquisas só marcan unha tendencia e o que hai que facer é aproveitar os vindeiros días ao máximo e saír á rúa e explicar o que quere facer o PPdeG.

Así mesmo, segundo o número dous dos populares galegos, o acto deonte na Praza de Touros de Pontevedra indica que o PPdeG está mobilizado.

Para os populares galegos, os datos das dúas enquisas coñecidos hoxe apuntan a subas do PP e a baixadas do PSOE. No caso do BNG, ao máximo ao que pode aspirar é a manterse como ata o de agora, sen ser iso suficiente para apartar a Feijóo da Xunta.

O Partido Popular de Galicia aposta por tomar as enquisas como un estímulo, como un punto de partida, e a partir de aí traballar dun modo intenso e sen demasiada autoconfianza para revalidar a confianza dos galegos e convencer aos indecisos de que o PPdeG é a mellor opción para Galicia.

No hay comentarios: