viernes, 16 de noviembre de 2012

A Deputación de Pontevedra instalará desfibriladores nos espazos e instalacións deportivas da provincia

A Deputación de Pontevedra sacará un concurso público para instalar desfibriladores nos espazos e instalacións deportivas de maior uso e con maior afluencia de xente na provincia.

O presidente, Rafael Louzán, anunciou hoxe en rolda de prensa a medida e invitou aos concellos da provincia a sumarse á iniciativa que tén como finalidade primordial <salvar vidas e prever riscos>.

O plan para instalar os desfibriladores conta con que os concellos interesados remitan, de xeito previo, unha relación dos espazos deportivos (campos de fútbol, pavillóns, etc.) máis utilizados e aporten unha financiación de arredor do 50% do seu coste.

A Deputación ven realizando diversas xestións dende fai tempo para a adquisición destes aparatos electrónicos portátiles que, por economía de escala (ao comprar un número considerable), podría obtelos por 1.000 euros a unidade. Coa ventaxa engadida de que a empresa suministradora comprométese a impartir cursos de formación para as personas de cada concello que os utilicen e a aportar outro tipo de aparatos médicos de urxencias.

Louzán indicou que agora a Deputación está a fixar as prioridades acerca dos lugares nos que se instalarán os desfibriladores. Dixo que será nos lugares con maior afluencia de público, de máis uso deportivo e coa prioridade que estableza cada un dos concellos que se adhiran ao plan.

Xunto a Louzán compareceu en rolda de prensa o deputado provincial e alcalde de Baiona, Jesús Almuiña, que profesionalmente é médico. Almuiña explicou que o desfibrilador é un aparato electrónico portátil que diagnostica e trata a parada cardiorrespiratoria cando é debida á fibrilación ventricular _na que o corazón tén actividade eléctrica pero sin efectividade mecánica_ ou á taquicardia ventricular sin pulso, restablecendo un ritmo cardíaco efectivo eléctrica e mecanicamente.

Según explicou, o aparato disminúe a morte súbita, é moi fiable, de manexo sinxelo, automático, e que non precisa de xentes especializadas en medicina.

Rafael Louzán conclueu afirmado que <do que se trata é de resolver un problema, e se podemos previr ou salvar unha sola vida, valerá a pena>.

No hay comentarios: