viernes, 16 de noviembre de 2012

O Secretario Xeral do medio rural e montes e o Concello de Vigo asinan o convenio para a mellora das infraestructuras agrarias

A sinatura ten lugar catro meses despois da súa convocatoria

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias


O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, reuniuse hoxe en Santiago cun representante do Concello de Vigo para asinar o convenio sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM), catro meses despois da súa convocatoria, despois de que o alcalde da localidade non asistise ao acto de sinatura que se convocou con todos os concellos da zona o pasado 3 de xullo.

O obxectivo fundamental das obras enmarcadas neste proxecto é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Obxecto e Actuacións
O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Esta parte do plan complementa á executada pola Xunta o ano pasado. No caso do concello vigués, o orzamento previsto é de 49.951,46 euros e a actuación que presentou o Concello de Vigo para levar a cabo é a relativa ao reforzo do firme da Travesía da Vía, na parroquia de Cabral.

No hay comentarios: