lunes, 26 de noviembre de 2012

A Xunta lembra que a responsabiidade do mantenemento e mellora do Auditorio Mar de Vigo é do Concello


A Xunta de Galicia lembroulle ao Concello de Vigo que as tarefas de mantenemento, mellora, e mesmo relación coa concesionaria do Auditorio Mar de Vigo corren a cargo do goberno munciipal. O Executivo gallego asinou no ano 2004 un convenio de colaboración co Concello de Vigo para participar no financiamento das obras do Auditorio. O investimento aportado pola comunidade autónoma ascendeu a 24 millóns de euros, sumando a aportación ás obras e a adquisición dos terreos.

A licitación das obras e o control da súa execución foi responsabilidade da administración local. Polo tanto, a Xunta cumpriu o seu compromiso con Vigo co abono da totalidade dos importes asumidos para facer realidade este investimento cultural.

Agora é responsabilidade do Concello resolver coa concesionaria os problemas que poida plantexar a instalación.

Sobre os concertos da Sinfónica de Galicia
A Xunta aclarou tamén que colabora co financiamento da programación da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía de Galicia.

Respecto dos concertos que a Sinfónica de Galicia tiña previsto realizar na cidade de Vigo, e dado que o Concello de Vigo non está disposto a apoialos, a Xunta de Galicia apoiará as negociacións que a Sinfónica estableza con Novacaixalicia para que sexa esta entidade a que programe as actuacións, coa posible colaboración doutras institucións, como a Deputación de Pontevedra.

No hay comentarios: