martes, 6 de noviembre de 2012

A Xunta defende un marco estable para a enerxía eólica

A Xunta de Galicia defende a necesidade dun marco retributivo estable para o desenvolvemento da enerxíaeólica galega.

Por iso, o Goberno galego vén de presentar un recurso deinconstitucionalidade ao Real Decreto-Lei polo que o Executivo central suprimiu con carácter temporal os incentivos económicos para novas instalacións de xeracióneléctrica de orixe renovable, coxeración e residuos.

Ainda que a Xunta comparte co Goberno central anecesidade de solucionar o problema do déficit de tarifaherdado do anterior executivo, considera que a decisión tomada non beneficia ao desenvolvemento dun sectorestratéxico para Galicia como é o eólico, xa que oExecutivo de Madrid debería ter diferenciado as enerxíaseficientes das que non o son.

Así a Xunta propón o establecemento dun novo marco que aporte certeza, garantía e estabilidade durante toda a vida da instalación.

Este proceso iniciouse xa tras a aprobación do real Decretolei coa solicitude no mes de abril da celebración da Comisión Bilateral pola que non se conseguiu chegar a unacordo.

No hay comentarios: