jueves, 22 de noviembre de 2012

O decreto de prezos do Sergas diríxese ás compañías de seguros

O novo decreto relativo aos prezos públicos polos servicios sanitarios prestados polo Sergas está dirixido cara a facturación que se emite ás compañías de seguros.

Estes prezos non están previstos para o caso de inmigrantes irregulares que en Galicia poden ter acceso ao sistema a través do Programa Galego de protección social de saúde pública.
Aplicaríanse no caso dun estranxeiro en estancia temporal no noso pais (directamente ou a través da compañía de seguros de viaxe).

As tarefas aplicables no caso de accidentes de tráfico teñen unha redución respecto ás tarefas ordinarias que se motiva nas condicións acadadas no convenio coas propias compañías e que permite facilitar a facturación a través dun sistema de responsabilidade obxectiva, é dicir que o SERGAS non ten que esperar ata que as compañías ou os tribunais deciden quen é o responsable do accidente para poder facturar senón que se factura por unhas regras sinxelas obxectivas(se hai dous vehículos implicados cada compañía cubre os custos do contrario, se hai tres ou mais cada compañía o do seu asegurado...)

Ademais establecese un mecanismo, a través dunha comisión de seguimento, para permitir actuar en casos de compañías que no atendan os seus pagamentos.

Por outra banda, a Lei 8/2008 de saúde de Galicia introduciu un deber, usar responsablemente os medios que se poñen a disposición polo sistema sanitario.

Son casos regrados como cando se trata dun condutor dun vehículo roubado ou sen seguro, no que il é o responsable dos custos da asistencia sanitaria, ou cando se nega a facilitar os datos da súa compañía de seguros pra que se lle poida facturar os custos da asistencia prestada.

No hay comentarios: