viernes, 23 de noviembre de 2012

Mato apoia iniciativas de emprendimento xuvenil no proxecto Yuzz

conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o centro Yuzz de Vigo
Este proxecto, que está impulsado pola Fundación Banesto e conta coa colaboración da Consellería de Traballo e Benestar, vai dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos paraofrecerlles novas oportunidades á mocidade con ideas innovadoras de carácter tecnolóxico
Os tres mellores proxectos de entre todos os finalistas a nivel nacional recibirán unha dotación económica (30.000, 20.000 e 10.000 euros), e os mellores participantes realizarán unha viaxe a Silicon Valley
Na provincia de Pontevedra foron máis de 30 os proxectos presentados, dos preto de cen
 en toda Galicia A Consellería de Traballo e Benestar colabora co proxecto Yuzz, impulsado pola Fundación Banesto, para fomentar o espírito emprendedor entre os mozos e mozas galegos. Na provincia de Pontevedra xa foron seleccionados un total de 17 iniciativas para formar parte deste proxecto. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o centro Yuzz de Vigo con motivo da súa entrada en funcionamentoEste proxecto está dirixido á xuventude entre os 18 e os 30 anos e ten como obxectivo estimular ideas innovadoras de base tecnolóxica que poidan ser susceptibles de traducirse nun proxecto empresarial. En Galicia, esta rede –que ten un total de 35 centros en España- conta con instalacións en Ourense, Santiago e Vigo co obxectivo de impulsar un máximo de 20 iniciativas emprendedoras nestas tres provincias. Este programa funciona como un viveiro de formación e asesoramento. Deste xeito, pon a disposición dos seleccionados o soporte necesario para desenvolver a súa idea no mercado: unha rede de expertos, formación empresarial, asesorías e titorías personalizadas, unha plataforma de traballo colaborativo en liña, así como todo o soporte administrativo e xurídico preciso en caso de que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial. Unha vez finalizado o proceso de formación e asesoramento de sete meses de duración que se realiza en todos os centros Yuzz, os mellores participantes realizarán unha viaxe a Silicon Valley, a meca mundial da innovación no eido das novas tecnoloxías. Ademais, ao concluír o ano, os tres mellores proxectos de entre todos os finalistas a nivel nacional recibirán unha dotación económica (30.000, 20.000 e 10.000 euros) para colaborar na materialización da súa idea empresarial. O feito de que estes mozos e mozas pasen a formar parte dunha rede de emprendemento de alto nivel supón unha oportunidade única de aprendizaxe” subliñou Mato, quen explicou que esta rede supón un “importante impulso e reforzo ao espírito emprendedor”. Ademais, a conselleira valorou especialmente que neste caso trátase de emprendemento no eido das novas tecnoloxías, “unha fonte constante de oportunidades”. Ao respecto, destacou que o departamento autonómico destina este ano medio millón de euro para apoiar a creación de empregos de base tecnolóxica. Estas axudas chegaron a 24 empresas, que teñen dado lugar á creación de 30 postos de traballo. Estas axudas económicas compleméntanse con mecanismos de acompañamento, asesoramento e avaliación técnica.

No hay comentarios: