martes, 11 de diciembre de 2012

O IES Politécnico de Vigo oferta 23 ciclos y forma a 1.600 alumnos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo,visitou esta mañá o IES Politécnico de Vigo, que neste curso escolar 2012/2013 ofrece formación a máis de 1.600 alumnos e alumnas en ensinanzas de Educación Secundaria (ESO), Bacharelato de Artes Plásticas e de Ciencias e Tecnoloxía así coma nun total de 23 ciclos formativos de materias industriais-en réxime ordinario e para adultos- ademais de Programas de Cualificación Profesional (PCPI).

Acompañada polo director do centro, Antonio Estéveze polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, percorreu as instalacións que datan dos primeiros anos do século XXecoñeceu as aulas destinadas á formación de mecanizado -que contan con maquinaria e tecnoloxía de última xeración- facendo así especial mención a este tipo de ensinanzas que principalmente estándirixidas ao eido profesional vinculado cos sectores industriais da cidade olívicaCabe destacar así os ciclos de desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas; desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción; instalación electrotécnicas; mantemento de equipo industrial; mecanizado; fabricación mecánica; instalación eléctricas e automáticas ou proxectos de edificación, entre outros.

A delegada destacou que se trata dun centro de referencia neste ámbito industrial resaltando a aposta de futuro que busca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este tipo de ensinanzas. Ademais, informou dos bos resultados que ten o alumnado que se forma neste centro, coma así se demostrou coa competición Galicia Skills deste ano xa que o gañador da modalidade CNC-Fresado é alumno deste centro e será o vindeiro representante do campionato Spain Skills. Ademais, tamén participará un alumno do IES Politécnico na modalidade CNC-Torneado da competición a nivel estatal por ser o único participante. No pasado curso 2010/2011 tamén obtiveron bos resultados.

É  así un centro de referencia con proxectos sobre competencias industriais que pretenden poñer en estreita relación ás pequenas e medianas empresas co alumnado de dito centro co fin de ter un proceso de retroalimentación do que ambas partes resultan beneficiadas. Así, o apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao IES Politécnico de Vigo tamén se viu reflectido coa presentación dos proxectos “Competencias Industriais: un novo espazo de colaboración para a innovación entre as PEMES e os centros de FP”, e “DNF.Com: Metodoloxías para o diagnóstico das necesidades de formación e desenvolvemento de competencias emerxentes nas empresas”. Tamén participouxunto a outros catro en España, no proxecto “Competencias industriais e robótica aplicada á soldadura”, unha iniciativa que tivo coma obxecto achegar a innovación e ofrecer a posibilidade de asesoramento en problemas relacionados co deseño, a soldadura e o mecanizado.

Por último, o IES Politécnico de Vigo é un dos centros con 4 aulas do proxecto ABALAR e 87 netbooks; e participa en importantes proxectos europeos coma o Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci ou coa acollida de estudantes estranxeiros. Conta cun Plan de Convivencia, que ten como obxectivo o mantemento dun ambiente de traballo ordenado, coherente e coordinado, así coma un Plan Lector para o fomento da lectura e a organización e dinamización da biblioteca.

No hay comentarios: