martes, 29 de enero de 2013

Os adxudicatarios das vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello terán unha bonificación do 20% para unha praza de garaxe en aluguer no aparcamento do Berbés


A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo,chegou a un acordo esta mañá co responsable da concesionaria, Jesús López Hidalgo, quen se mostrou receptivo ás propostas da presidenta para dar unha solución aos novos residentes do barrio antigo.

Coa medida tomada esta mañá, as familias residentes e propietarias das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo CCVV que estean interesadas nunha praza neste párking pagarán 82,88 euros ao mes polo seu bono 24 horas

O acordo rubricarase nun convenio, que se formalizará nas vindeiras datas, e que terá unha duración de 4 anos.
Nun primeiro momento, está aberto para as 42 familias que xa teñen a súa VPAadquirida no Casco Vello, aínda que non se desbota a idea de poder amplialo en función da demanda e das necesidades do Consorcio.

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, mantivo hoxe un encontro co responsable deMovilidad y Aparcamientos S.L., xestor concesionario do aparcamento do Berbés, Jesús López Hidalgo, onde se chegou a un acordo polo que os novos propietarios das vivendas rehabilitadas polo organismo contarán cunha bonificación do 20% do prezo na praza de garaxe no aparcamento do Berbés.

Tras a reunión celebrada na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, Bravo Bosch afirmou que é consciente das dificultades que os novos veciños do Casco Vello teñen para aparcar os seus vehículos e que así llo solicitaron as 42 novas familias que xa residen nas VPA.

Froito do acordo logrado esta mañá co responsable do aparcamento do Berbés, e que terá que materializarse nun convenio que terá unha duración de 4 anos, os interesados pagarán 82,88 euros ao mes polo seu bono de 24 horas.


“É una solución moi importante ao problema de atopar aparcamento que cada día é maior”, explicou a presidenta do CCVV, quen destacou “a xenerosidade” mostrada por Hidalgo que non descartou ampliar as características do acordo en función da demanda e das necesidades do Consorcio.

A reunión co responsable do aparcamento do Berbés é unha das primeiras que leva a cabo a presidenta do organismo –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- para conseguir alternativas e propostas viables aos aparcamentos dos adxudicatarios das vivendas que o CCVV rehabilitou na zona. Bravo Bosch, consciente da necesidade dos novos adquirentes das VPA de poder contar cunha praza de aparcamento, tamén está a manter negociacións cos responsables do párking da Porta do Sol.

Movilidad y Aparcamientos S. L.É unha empresa constituída en Madrid hai máis de 20 anos que conta con máis de 30 aparcadoiros en todo Estado, moitos deles ubicados nos cascos históricos da cidade coma é o caso de Vigo. Neste senso e segundo dixo Hidalgo, “queremos axudar na medida que facilitemos ao acceso de vehículos desa zona”.

No hay comentarios: