miércoles, 23 de enero de 2013

Rueda avanza que o PPdeG protexerá a unidade interna que é imaxe de marca do partido


Rueda destaca os nomeamentos de Agustín Hernández e de Paula Prado para exercer os cargos de vicesecretario e voceira do partido

Fronte a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas, o PPdeG seguirase caracterizando sempre por todo o contrario


O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, avanza que o PPdeG protexerá a unidade interna que é a súa imaxe de marca desde sempre. Segundo o número dous do PPdeG, os populares non consentirán que a unidade, a cohesión interna e, en suma, o traballar unidos por un proxecto común, que sempre caracterizou ao partido, se vexa comprometida por diferenzas particulares.

Neste senso, indicou que, no relativo ao sucedido no Concello de Ames nos últimos días, o partido procederá a abrir un expediente contra os concelleiros que se revelaron contra o alcalde.

Para Rueda, fronte a outros partidos que acostuman a protagonizar loitas internas, o PPdeG seguirase caracterizando sempre por todo o contrario, por manter a unidade, e cara iso irán encamiñadas as súas actuacións.

NOMEAMENTOS: PAULA PRADO E AGUSTÍN HERNÁNDEZ

Trala reunión co secretario de Organización, Alejandro Gómez Alonso, a nova voceira do partido, Paula Prado, e o novo vicesecretario, Agustín Hernández, Rueda lembrou que o PPdeG reduciu o seu cadro de mandos para axilizar o seu funcionamento e designou a dúas persoas deconfianza de Feijóo que se encargarán da xestión interna do partido e da comunicación externa dos prantexamentos da formación, como son Agustín Hernández e Paula Prado.

Por outra banda, Rueda anunciou que o próximo sábado terá lugar unha xuntanza do Comité Executivo do partido onde se ratificará e se seguirá afondando na nova estrutura interna do partido, que a partir de agora contará con 20 militantes de base que serán designados por Alberto Núñez Feijóo.

No hay comentarios: