lunes, 25 de febrero de 2013

A Deputación construirá un campo de herba sintética na Universidade e arranxará os viais de acceso ao campus

A Deputación asinará a cesión da Escola de Enfermería á Universidade e un protocolo para coodinar os catro centros forestais da provincia

Rafael Louzán propón á Universidade un convenio para o uso de instalacións deportivas de apoio ao Centro de Alto Rendemento de Pontevedra

A Deputación  pacta co rector vigués a implantación de estudos especializados en Enoloxía, varias melloras de estradas de acceso ao campus de Lagoas-Marcosende, a construcción dun campo de herba sintética para o club de rugby, e estratexias para ampliar as prazas de residencia a estudantes foráneos

Universidade e Deputación asinarán un protocolo para o uso de fondos comunitarios adicados aos proxectos docentes

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou onte o inminente traspaso da Escola de Enfermería de Pontevedra á Universidade de Vigo. O convenio asinarase antes do remate do presente curso, de xeito que o rectorado vigués tutelará o centro a partires do curso 2013-2014. A nova foi dada a coñecer tras a xuntanza mantida polo titular do organismo provincial e o rector vigués, Salustiano Mato.
Na conversa entre os dous máximos responsables das institucións provincial e académica materializáronse outros importantes acordos que afectarán tanto ás infraestructuras da Universidade, como a proxectos docentes especializados.
Desde xeito, e a demanda da Deputación, a Universidade porá en marcha varios estudos especializados no eido da Enoloxía e a Viticultura. E o organismo provincial coordenará xunto co rectorado vigués o funcionamento dos catro centros forestais dos que formate a parte a Deputación na provincia.
Ademáis, a Deputación mellorará varios viais de aceso ao campus de Lagoas-Marcosende, en Vigo, e proxectará a construcción dun campo de herba sintética para uso do actual equipo de rugby universitario.
E no campus de Pontevedra se traballará conxuntamente nun protocolo de uso de instalacións deportivas por parte do Centro de Alto Rendemento da capital do Lérez; e no establecemento dun plan para aumentar as prazas de residencia para estudantes foráneos.

Escola de Enfermería
A xuntanza entre Rafael Louzán e Salustiano Mato prolongouse por espazo de caseque dúas horas, nas que ambos mandatarios perfilaron os compromisos que iranse desenvolvendo ao longo do presente curso. O titular da Deputación explicou que a transferencia da Escola de Enfermería "suporá unha maior garantía educativa para os alumnos". A institución provincial cederá "o liderazgo do centro" á Universidade, ainda que manterá o actual apoio económico, que o propio presidente cifrou no entorno do medio millón de euros.
Lembrou Louzán que esta transferencia segue a senda marcada polas últimas cesión da Deputación co Hospital, a Escola de Artes Gráficas Príncipe Felipe, ou a Escola de Hostelería. A Universidade aspira  a dirixir e controlar as catro escolas de enfermería emplazadas no seu ámbito de acción (Pontevedra, Povisa e Meoxoeiro en Vigo, e a ubicada en Ourense). O rector Salustiano Mato explicou que a Universidade xa trasladou ás consellerías de Sanidade e de Educación un proxecto académico e docente conxunto para todos os centros. A colaboración da Deputación xurde así como "fundamental" para materializar esa fusión formal dos estudos de Enfermería nas provincias de Pontevedra e Ourense. A integración do centro, tal e como explicou Mato, comezará no vindeiro curso académico, a completarase para o curso 2014-2015.

Coordenación dos centros forestais
Por outra banda, no eido dos estudos forestais, Louzán anunciou a disposición da Deputación a integrarse no denominado 'proxecto Aloia', que busca unha coordenación das posibilidades académicas e de investigación dos catro grandes centros forestais da provincia, dos cales tres (Lourizán, Misión Biológica, Areeiro ) dependen da institución provincial, ao marxe do centro de Forestais da Universidade. Louzán avanzou que "existe vontade polas dúas partes para sentar piares de funcionamento, volcados nas materias Forestal e de Viticultura. O futuro traballo en rede, segundo manifestaron Louzán e Mato, "prestará un mellor servizo á poboación e ás empresas".

Cursos especializados
Como complemento a este proxecto, Rafael Louzán pactou tamén co rector vigués a posta en marcha de cursos especializados en Viticultura, Enoloxía, Comercialización e Restauración. Segundo explicou o presidente provincial, estos estudos satisfarán a demanda actual das más de 2.000 familias que traballan nas 200 empresas do sector censadas en Pontevedra.
Na mesma liña de colaboración, Mato e Louzán anunciaron unha "alianza estratéxica" para traballar de xeito común na obtención e uso de fondos europeos. O titular da Deputación lembrou que o seu organismo xestionou por riba dos cen millóns de euros en programas europeos no período 2007-2013.

Melloras no campus de Vigo
Polo que atinxe ao campus de Vigo, Rafael Louzán comprometeuse a desenvolver un proxecto de mellora da seguridade en dous viais centrais de acceso á Universidade. O primeiro, de titularidade provincial, parte do tanatorio Vigo Memorial ata a dennominada rontonda de aceiro do campus de Lagoas-Marcosende. E a segunda é o acceso ao campus desde o Alto de San Cosme. Esta última estrada, que non é de titularidade provincial, será mellorada pola Deputación porque, segundo recoñeceu Louzán, "precisa de reformas urxentes e queremos dar resposta á Universidade é ás persoas afectadas a diario polo vial. As obras consistirán nunha mellora integral das sinallizacións horizontais e verticais.
Tamén en Vigo, Louzán, anunciou a elaboración dun proxecto para construir un campo de herba sintética, e unha grada cuberta, no emprazamento que agora ocupa a instalación de entrenamento do equipo universitario de rugby. O titular da Deputación recoñeceu o "mérito e esforzo" deste clube de rugby, único da provincia que milita na primeira división nacional, e prometeu "facer o posible" por dotarlles dun novo campo, que podería ter un uso compartido tamén para o fútbol, e cuxo proxecto contaría ademáis coa construcción da citada grada cuberta.  

Melloras en Pontevedra
En canto ao campus de Pontevedra, a Deputación porá a disposición do Centro de Alto Rendimento da Universidade o uso das instalacións deportivas do Príncipe Felipe, así como o pabellón de Deportes, no que están pendentes mellorar importantes. Salustiano Mato agradeceu o esforzo da Deputación neste sentido, xa que, segundo explicou, o campus de Pontevedra especializarase en tres vectores: o Arte, a Comunicación, e o área do Deporte e a Saúde.
En Pontevedra tamén se levará a cabo en colaboración coa Deputación un plan de apoio á residencia de estudantes. O rector lembrou a necesidade de traballar en accións que animen a familias da zona a recibir a estudiantes de outras localidades, unha experiencia que conta con notable éxito en campus europeos coma os británicos. "Haberá colaboración entre Universidade e Deputación para fomentar estas prácticas", suliñaron Mato e Louzán.
O rector agradeceu a "boa disposición" de Rafaael Louzán, así como "a súa sensibilidade" por chegar a acordos coa Universidade. E precisou que algúns dos anuncios de hoxe "Son o froito dun intenso traballo desenvolvido no último ano e medio".

No hay comentarios: