lunes, 11 de marzo de 2013

A Xunta inviste 68.000 euros na mellora de camiños en O Porriño


As actuacións van enmarcadas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013.
O obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello do Porriño para comprobar in situ o resultado de dúas actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 67.864,97 euros.

Acompañada polo alcalde da localidade, Nelson Santos, e polo xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, a representante da Administración autonómica na área de Vigo explicou que unha das obras acometidas se executou na parroquia de Pontellas, concretamente no camiño Abelenda mentres que a outra actuación foi no camiño Gulpilleira.

Os traballos consistiron fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe de ambos camiños, con aglomerado en quente, accesos a leiras e casas, roza e limpeza, movemento de terra, recollida de augas pluviais e pintado e sinalización. O orzamento total da Xunta de Galicia foi de case 68.000 euros pero o Concello do Porriño realizou unha achega económica dos fondos municipais para mellorar a actuación.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Por último, Bravo Bosch lembrou que o investimento nos PEIM 2012/2013 para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo foi de case 900.000 euros (895.200,04 euros).

No hay comentarios: