jueves, 20 de septiembre de 2012

A Xunta aproba definitivamente o proxecto sectorial da zona de usos recreativos da ETEA que permitirá a posta á disposición dos veciños de preto de 8.000m2 destinados a ocio e disfrute do litoral

O proxecto sectorial enmárcase no Plan Sectorial da ETEA que foi aprobado definitivamente no Consello da Xunta do pasado 23 de febreiro, cuxo ámbito total ocupa 115.000m2

As alegacións presentadas durante a exposición pública que propoñían melloras no contido do proxecto foron introducidas no documento. 

A aprobación do proxecto sectorial permitirá avanzar tamén no proceso de licitación, que se levou a cabo de forma paralela para axilizar os trámites e gañar tempo de cara á execución da obra

Este mesmo mes procederase á adxudicación dos traballos, que se iniciarán de xeito inmediato cun investimento que ascende a 800.000 euros


O Consello da Xunta de Galicia, reunido no día de hoxe, acordou aprobar definitivamente o proxecto sectorial correspondente á área de usos recreativos da ETEA, no Concello de Vigo.

Trátase dunha das 7 actuacións, que se desenvolverán a través dos correspondentes proxectos sectoriais,  recollidos no Plan sectorial de ordenación territorial do Campus Científico-Tecnolóxico domar nos terreos da ETEA en Vigo que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta do 23 de febreiro de 2012.

O proxecto sectorial da área de usos recreativos ten por obxecto definir, co detalle dun proxecto de urbanización, a transformación dun ámbito de 8.000 m, antigamente dedicado ao esparexemento e deporte dos alumnos da ETEA, que considerará a:

   • Creación dunha senda peonil no borde litoral que dará continuidade ao actual paseo que une Punta da Guía coa ETEA, permitindo o seu uso como carril-bici.
   • Apertura da praia do Areal da Punta á cidadanía.
   • Dotación de novos equipamento públicos como pistas deportivas, patinaxe, skate, parque infantil, cafetería e vestiarios.

Ao tempo, consérvanse as valiosas especies arbóreas que posúen as antigas instalacións. A edificabilidade non superará os 2.150 m² construídos que en parte se concentrará na conservación dos edificios da panadería e vestiarios na súa configuración orixinaria, demolendo aqueles outros sen valor significativo, caso dos galpóns anexos aos anteriores e os almacéns. Así como a  reforma e posta en servizo das redes de servizos de abastecemento, electricidade, iluminación e telefonía.

Con este proxecto sectorial a Xunta da resposta ás reivindicacións veciñais, entregando aos veciños de Teis e a todos os cidadáns de Vigo, este espazo privilexiado e introducindo no proxecto as dotacións solicitadas nas distintas reunións de traballo realizadas coas asociacións veciñais.

O pasado 18 de xullo o DOG anunciaba a apertura do período de información pública, no que se recibiron 316 alegacións promovidas por diferentes colectivos propoñendo melloras, e das cales, aquelas que afectan o ámbito do Proxecto Sectorial 5, finalmente foron introducidas no documento.

A aprobación do proxecto sectorial permitirá avanzar tamén no proceso de licitación, que se levou a cabo de forma paralela para axilizar os trámites e gañar tempo de cara á execución da obra

Este mesmo mes procederase á adxudicación dos traballos, que se iniciarán de xeito inmediato cun investimento que ascende a 800.000 euros.

Plan sectorial


O Plan Sectorial, que abarca un ámbito de 115.000 m2, comprende 7 actuacións que se desenvolven mediante os respectivos proxectos sectoriais:

   1.​PS-1. Proxecto Sectorial Área de vías, espazos libres e infraestruturas: 20.029 m2
   2.​PS-2. Proxecto Sectorial Área Científico-Tecnolóxica 1: 16.042 m2
   3.​PS-3 A. Proxecto sectorial Área Científico-Tecnolóxica 2: 4.180 m2
   4.​PS-3 B. Proxecto Sectorial Área Científico- Tecnolóxica 3: 14.684 m2
   5.​PS-4. Proxecto Sectorial Área de equipamento deportivo, usos complementarios dotacionais e parque urbano: 31. 291 m2
   6.​PS-5. Proxecto sectorial Área de Usos Recreativos: 7.625 m2
   7.​PS-6. Proxecto sectorial Área de Usos Complementarios: 21.199 m2

No hay comentarios: