jueves, 20 de septiembre de 2012

Un centenar de persoas reflexionarán o sábado en Mos sobre a integración dos discapacitaos no medio rural, nunha xornada técnica organizada por AGDR

As conclusións serán trasladadas a un congreso europeo do programa Leader, que servirá de base para optar a fondos de axuda no período 2014-2020
 

Na organización da xornada colaboran a Deputación Provincial e o Concello de Mos

A deputada provincial Marta Iglesias; xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; e a presidenta da Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural  MAIV Baixo Miño e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentaron esta maña na sede viguesa da Deputación de Pontevedra a Xornada de Debate “Discapacidade e integración no medio rural", que terá lugar o vindeiro sábado no Multiusos “As Pozas” de Mos.

Marta Iglesias suliñou a importancia das iniciativas relacionadas coa integración dos discapacitados, e a súa integración no mundo laboral. Dixo que hay xa máis de 90 inscritos para a xornada do sábado y animou aos posibles interesados a seguir anotándose. Anunciou tamén a presentación durante o acto de Mos do proxecto "Pousadas Rurais", no que se repasan as instalacións deste tipo máis axeitadas para que os discapacitados podan facer un disfrute pleno das mesmas.

A rexedora mosense, Nidia Arévalo, suliñou o "gran traballo" desenvolvido por la Asociación Grupo Desenvolvemento Rural. Mentres que a presidenta de AGDR, Sandra González, explicou que a organización á que representa abrangue 15 concellos da mancomunidade de Vigo e outros 5 da do Baixo Miño. Gran parte da financiación coa que contan para desenvolver as súas actividades provén do programa europeo Leader. Por este motivo, as conclusións da xornada de Mos serán trasladadas a un congreso europeo de Desenvolvemento Rural Leader 2014-2020.

No acto desenvolvido da Deputación esta maña participaron tamén Ángel Holguera, do colectivo Cogami, e Miguel Pazo, da asociación Vontade, quenes se felicitaron pola iniciativa das entidades e eloxiaron a vontade de cooperación amosada por todas elas.

O obxectivo da reunión é a reflexión e posta en común sobre a problemática que afecta ao colectivo de persoas con discapacidade no rural galego, centrado en tres puntos básicos: as oportunidades de acceso ao emprego para as persoas con discapacidade, os centros de servizos específicos as/aos discapacitadas/os e as barreiras para a mobilidade e a accesibilidade coas que se atopa diariamente este colectivo.

O alcance deste congreso abrangue a todas as institucións e persoas relacionados coa discapacidade en Galicia (asociacións, administración, empresas, usuarios, familiares, profesionais dos servizos sociais e asistenciais, etc) e coidamos contar coa presenza de mais dun cento de asistentes de toda a nosa Comunidade.

A Xornada de traballo comenzará cunha conferencia de Anxo Queiruga, presidente do CERMI Galicia que dará unha visión global da problemática da discapacidade no medio rural galego, e será seguida das tres mesas de debate sobre emprego, centros de servizos e mobilidade, nas que participarán representantes da administración, das asociacións de persoas con discapacidade e dos usuarios.

Salienta a presenza de iniciativas empresariais como Integratex, as franquicias do grupo Inditex en Allariz, atendidas por persoas con discapacidade, ou a empresa de espectáculos XQuatro, propiedade de Marcos Rodríguez.

A xornada tamén contará coa presenza do departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo, que dará a coñecer o seu proxecto para a mellora da calidade de vida de persoas en situación de dependencia ou discapacidade mediante a aplicación da domótica e a teleasistencia.

Finalmente, procederase á lectura das conclusións ás que se chegue nesta convocatoria que, como explicou Sandra González, se presentarán dentro do Congreso de Desenvolvemento Rural e Leader “Horizonte 2014-2020” que se celebrará en Santiago de Compostela o 7,8 e 9 de novembro, a fin de elaborar propostas en positivo para o período europeo 2014-2020.

No hay comentarios: