miércoles, 14 de noviembre de 2012

A Deputación entregou os Certificados de Profesionalidade, impartidos no Proxecto Aquelando 2, que habilitan a 30 desempregados para traballar en atención sociosanitaria


A deputada provincial Marta Iglesias fixo entrega dos Certificados de Profesionalidade aos 30 desempregados que participaron no curso de “Atención sociosanitaria a persoas dependientes en institucións sociais” que, dentro do Proxecto Aquelando 2, organizou a Deputación de Pontevedra.

A importancia do certificado é tal que, a partir do ano 2015, será condición “sine qua non” para desempeñar un traballo profesional en ocupacións relacionadas coa atención sociosanitaria, salvo si se dispón de formación regrada.

Os cursos impartidos polos técnicos do Aquelando 2 chegaron á súa quinta edición e tiveron unha duración de 1.268 horas impartidas entre Pontevedra e Lalín. Foron propiciados en virtude dun acordo de colaboración entre a Consellería de Traballo e a institución provincial.

No hay comentarios: