miércoles, 14 de noviembre de 2012

A Xunta elaborou un plan para preparar unha eventual catástrofe como a do petroleiro Prestige

A Xunta de Galicia puxo en valor o seu traballo ao longo dos últimos anos para previr eventuais catástrofes como a acontecida hai agora dez anos co afundimento do petroleiro Prestige.

O plan CAMGAL permite loitar hoxendía da forma máis eficaz, operativa e eficiente posible ante un episodio de contaminación mariña xa que simplifica os órganos de resposta ante unha continxencia marítima.

Galicia está moito máis preparada que fai dez anos tanto cientificamente como a nivel de medios. Dende entón, incorporáronse varios medios como os dous buques Irmáns García Nodal e mailo Sebastián de Ocampo preparados con distintas medidas anticontaminación.
Ademáis, suscribiuse un convenio de colaboración coa Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) para a incorporación aos nosos medios do buque Ría de Vigo dotado tamén de medios anticontaminación que se veñen a sumar aos anteriores. Por último, hai a disposición unha nave loxística de almacenamento de materiais para a loita contra a contaminación en Cambados e tamén conteñedores en todos os portos autonómicos, así como o material de Sasemar.

Cómpre destacar tamén que, pasados 10 anos do accidente, constátase unha recuperación plena da costa galega, no que respecta á fauna mariña como reflicten os datos de capturas, que medraron máis dun 30%. Así, se entre o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2002 capturáronse algo máis de 101.000 toneladas deespecies, no mesmo período de 2012 foron máis de133.000.

No hay comentarios: