miércoles, 14 de noviembre de 2012

A Xunta amosa unha "maxima sensibilidade" coas familias que teñen problemas para pagar as vivendas de promoción pública

A Xunta quixo deixar claro que leva moitos anos traballando co criterio de actuar coa máxima sensibilidade nos casos de familias que teñen problemas para facer fronte ao pago dunha vivenda de promoción pública. O feito de que o alcalde vigués, o socialista Abel Caballero tivera insinuado que o Goberno galego quixo facer desahucios en Vigo de familias que habitaban nestas vivendas é unha falsedade.
A Xunta lamenta a utilización partidista que o rexedor de Vigo está a realizar cun tema de máxima sensibilidade social sobre todo nos momentos actuais.
Desde xeito, o Executivo galego salienta que Vivenda busca sempre unha solución aos problemas que se poidan presentar e traballa coas familias para darlles facilidades de pago e incluso, nalgúns casos, establecer períodos de carencia.
A Xunta entende tamén que nestes momentos de extrema dificultade para moitas familias, as entidades financeiras deben proceder coa mesma sensibilidade coa que a Xunta ven actuando en casos similares.

Tendo en conta que se trata dunha competencia do Estado, estamos atentos e pendentes das medidas que se van adoptar co obxecto de complementalas se quedara marxe para facelo.

A Lei de Vivenda aprobada este mesmo ano xa introduce medidas como:
-Aprazamento ou fraccionamento de pago en vivendas de promoción pública en caso de imposibilidade acreditada de pagamento por unha situación transitoria de precariedade económica. Isto, que como se di xa se ven facendo dende hai anos, adquire así rango de lei.

-Creación da figura das vivendas de inserción ou asistenciais. Trátase de vivendas de promoción pública promovidas en colaboración entre o IGVS e administracións públicas ou entidades sen ánimo delucro que leven a cabo actividades e programas de carácter social, para que poidan dispoñer de vivendas e destinalas a persoas que requiran especial atención polas súas circunstancias persoais, económicas ou sociais.

-Establece medidas que facilitarán a dación en pago das vivendas protexidas ao permitir que as entidades financeiras se convirtan en propietarias das mesmas (ata o de agora so podían ser persoas físicas). Esta posibilidade so poderá aplicarse aos casos de dación en pago e cando a entidade financeira fose quen concedera o financiamento para a mesma.

O CASO DAS VIVENDAS DE VIGO
Con respecto á recuperación de 3 vivendas de promoción pública (VPP) na cidade de Vigo, hai que resaltar que cada vez que o IGVS recupera unha vivenda de promoción pública é co obxectivo de que cumpra coa súa función social. As vivendas de promoción pública non poden estar desocupadas.

En 2012 o IGVS recuperou en Vigo tres vivendas de promoción pública, a través de senllos expedientes de recuperación da posesión de vivendas. Nos tres casos trátase de vivendas que non estaban ocupadas polos seus adxudicatarios e incluso en dous dos casos estaban baleiras. Polo tanto o IGVS o que fixo foi recuperar tres vivendas para destinalas a familias que realmente o necesitaban.

Os 3 casos concretos foron os seguintes:
-O adxudicatario falecera e a vivenda estaba baleira.

-Adxudicada en réxime de alugueiro. A adxudicataria non ocupaba a vivenda, senón que vivía cunha fillanoutro domicilio. Non pagaron nin un so recibo de alugueiro (72,37 euros/mes), polo que a débeda acumulada era de 9.046,01 euros (125 recibosimpagados, 10 anos e medio sen pagar). A vivenda era usada por un fillo da adxudicataria, que a desaloxou voluntariamente.

-Vivenda adxudicada en réxime de alugueiro. A vivenda estaba desocupada e o adxudicatario ingresado nunha residencia de Lavadores. Asinou unha dilixencia conforme facía entrega das chaves e renunciaba aos mobles e enseres que se atopaban na vivenda.

Nestes casos de recuperación de vivendas, solicítase sempre a colaboración municipal como apoio para a retirada e almacenamento de obxectos ou para a regulación do tráfico.

-No caso de Vigo, o Concello denega sempre a súa colaboración indicando que os seus medios son escasos e que non está acreditado que o IGVS careza destes, pero en ningún caso cuestionan a lexitimidade das actuacións.

-Nalgún escrito, despois de denegar a colaboración, chegan a afirmar que manifesta a súa vontade de poñer á disposición do IGVS algún medio puntual do que careza a administración autonómica.

O máis importante é que unha desas tres vivendas recuperadas en Vigo xa está ocupada de novo. Adxudicouse directamente ás vítimas dun caso de violencia de xénero, por solicitude dos servizos sociais tanto da Xunta coma do Concello de Vigo.

No hay comentarios: