miércoles, 28 de noviembre de 2012

Vigo pon en marcha un proxecto para mellorar a asistencia ao paciente con EPOC

• O proxecto analizou inicialmente a situación dos pacientes con Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC) na área de Vigo, cunha prevalencia en adultos entre 40 e 80 anos do 8,2 por cento

• Na xornada que se celebrará na tarde de hoxe no Hospital xeral vaise presentar os resultados da primeira parte do proxecto, e se iniciará o deseño dunhas estratexias de mellora

• A banalización do tabaquismo como enfermidade prioritaria, o baixo grao de sospeita e o infradiagnóstico, son algunhas das áreas críticas da atención á EPOC

• A totalidade dos centros de saúde da área de Vigo xa están capacitados para realizar espirometrías -proba que mide a capacidade e fluxos pulmonares dos pacientes- sen necesidade de que acudan o hospital, para o diagnóstico da Enfermidade


A prevalencia da Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC) en adultos entre 40 e 80 anos na área de Vigo é do 8,2 por cento. Esta enfermidade provoca aproximadamente o 10 por cento das atencións en Atención Primaria, unha de cada tres en Neumoloxía, e case un 2 por cento de todas as atencións en Urxencias.

Tendo en conta estos datos, a área sanitaria de Vigo, grazas a un convenio de colaboración entre a Fundación Biomédica do CHUVI e AstraZéneca, puxo en marcha un proxecto que ten como obxetivo mellorar a asistencia ao paciente con EPOC en Galicia. Esta iniciativa, que consta de dúas fases, é o eixo sobre o que xirará a xornada que hoxe se celebrará no Hospital Xeral sobre “Áreas críticas de la atención a la EPOC: una visión desde el área sanitaria de Vigo”. O acto, ao que asistirán médicos, persoal de enfermería, fisioterapeutas, farmacéuticos, e xestores, tanto de atención primaria como de especializada, será inaugurado ás 17.00 polo xerente do Complexo vigués, Francisco Soriano, e tamén contará coa presencia do xerente de Atención Primaria, Javier Caramés.

Segundo o coordinador do proxecto, o xefe do Servicio de Neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, Alberto Fernández Villar, este encontro organizouse con dous obxetivos fundamentais- “ En primeiro lugar, presentar os resultados da primeira parte dun proxecto de mellora da atención ao paciente con EPOC, no que se realizou un estudio pormenorizado de cómo se leva a cabo esta atención no noso entorno, desde a sospeita de EPOC ata a fase final da vida dos pacientes; é dicir, unha ‘foto’ da situación actual. O segundo obxetivo é intentar deseñar unhas estratexias de mellora en función desta situación real, buscando para isto a implicación e participación de todos os profesionais sanitarios”.

A EPOC é unha obstrución crónica da vía aérea, asociada nun 80 por cento dos casos ao tabaquismo, e que progresivamente vai diminuíndo a capacidade pulmonar do paciente. En consecuencia, os pacientes ven moi mermada a súa calidade de vida, con serias limitacións orgánicas e funcionais. Por iso, un diagnóstico précoz é esencial para evitar o agravamento destas patoloxías, adoptando medidas en canto se diagnostican, como o cese do tabaquismo, coidados específicos de saúde respiratoria e tratamentos con inhaladores.

Tras realizar unha análises das fortalezas e debilidades sobre a atención á enfermidade de forma global, en base aos estándares publicados polas sociedades científicas e que recomenda a Estratexia Nacional en EPOC do ano 2009, o coordinador do proxecto conclúe que “entre as fortalezas hai que destacar o feito de dispoñer dunha historia clínica electrónica e dispensación farmacolóxica electrónica universal -que utilizan practicamente o 100 por cen dos profesionais-, os recursos humanos e técnicos, a excelente formación de moitos profesionais e a súa disposición a participar en este tipo de programas”. No referido ás debilidades Fernández Villar destaca, entre outras, a banalización do tabaquismo como enfermidade prioritaria, o baixo grao de sospeita e infradiagnóstico, e as dificultades na coordinación entre os niveis asistenciais.

Estratexias de mellora
Unha vez identificadas as fortalezas e debilidades da atención á EPOC na área sanitaria de Vigo, xa se están deseñando algunhas estratexias claras, factibles e priorizables, que podrían vencer a corto e medio prazo as principais debilidades detectadas, aínda que se quere dar un marxe para o debate, co fin de que os profesionais da área participen e se impliquen neste proxecto.

Está é a primeira vez que se realiza en España unha “foto fixa” da atención global dunha enfermidade tan complexa e con tantos matices como é a EPOC. -“Trátase dun dos primeiros proxectos nacionais que se xestiona partindo do coñecemento detallado do que non se fai ben, coñecendo os recursos disponibles para loitar contra o problema, e implicando a médicos, enfermeiros, farmacéuticos, xestores, ecétera no deseño do plan de ataque, que será sempre axustado ás posibilidades que temos e, polo tanto, factible”.-explica Alberto Fernández.

Espirometrías nos centros de saúde
A área sanitaria de Vigo leva tempo desenvolvendo diversas estratexias de cara a mellorar o diagnóstico e tratamento desta enfermidade. Así, hai dous anos, levouse a cabo un proxecto piloto para que os profesionais sanitarios de atención primaria realizasen estudos funcionais respiratorios nos seus centros de saúde.

Con este obxetivo se facilitaron aos profesionais as ferramentas necesarias, tanto de formación como de equipamentos, e, hoxe en dia, a totalidade dos centros de saúde da área viguesa están capacitados para realizar espirometrías, dado que dispoñen dos medios técnicos e de profesionais coa formación necesaria para levar a cabo estas probas.

A realización destas probas nos centros de saúde evita, en moitos casos, desprazamentos aos hospitais de persoas sanas ou pacientes con cadros leves que poden ser diagnosticados de xeito fiable polo seu médico de familia. En consecuencia, os pacientes derivados aos hospitais serán casos máis seleccionados e graves, aqueles que realmente necesiten de atención especializada, polo que diminuirá as esperas para as consultas hospitalarias.

No hay comentarios: