jueves, 13 de diciembre de 2012

Núñez Feijóo, proclamado candidato á Presidencia do PPdeG polo Comité do XV Congreso

A partir de mañá comeza a campaña electoral interna que se desenvolverá durante sete días

Os populares xa van avanzando en todos os pasos previos á celebración do congreso, a máxima expresión de democracia interna que pode haber no seo dun partido


O Comité Organizador do XV Congreso do PPdeG proclama candidato á Presidencia do partido a Alberto Núñez Feijóo. O prazo para que os aspirantes á Presidencia do PPdeG presentasen as súas candidaturas expiraba o pasado martes e o único que a presentou foi o actual presidente do partido, que conseguiu un total de 227 apoios, 137 máis do mínimo esixido.

Así, respaldado por cargos do PPdeG como Alfonso Rueda, Pedro Puy, Pilar Rojo, os presidentes provinciais e os sete presidentes locais nas cidades galegas, Feijóo iniciará mañá a campaña electoral interna que se desenvolverá ao longo de sete días.

Durante esa semana, o líder dos populares galegos manterá reunións con membros do partido en cada provincia para desenvolver as súas propostas e ideas para o goberno interno da formación nos vindeiros anos.

Por outra banda, o martes pasado tamén foi a data límite para a publicación da convocatoria das asambleas que decidirán qué afiliados do partido serán compromisarios e terán, por tanto, dereito a voto no Congreso que se celebrará en xaneiro.

Naqueles lugares que haxa tantos aspirantes como prazas a asignación será de forma directa e onde haxa máis candidatos a compromisario que prazas haberá unha votación na que participarán os afiliados e na que se asignarán de forma democrática as prazas.

Polo tanto, os populares xa van avanzando en todos os pasos previos á celebración do congreso, a máxima expresión de democracia interna que pode haber no seo dun partido político, e irán concretando nos vindeiros días o seu calendario.

O PPdeG aspira a que o de xaneiro sexa un congreso sereno e centrado no debate sobre as ideas e non sobre as persoas, algo que non todos os partidos poden garantir.

No hay comentarios: