miércoles, 19 de diciembre de 2012

Usuarias do centro de emergencias de Vigo contarán co acompañamento de voluntarias para saír a realizar trámites

O xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, e a portavoz da Rede de Mulleres Veiñais contra os Malos Tratos, Rosa Fontaíña, asinaron hoxe un convenio

Mediadoras da Rede asistirán ás usuarias do CEMVI nos desprazamentos a xulgados, administracións ou outras institucións

Pola súa banda, o Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar asumirá os gastos de desprazamento e outros requeridos durante o acompañamento
As usuarias do Centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (CEMVI) contarán, nos seus desprazamentos para realizar diversos tipos de trámites, co acompañamento e asistencia de voluntarias da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos. Esa colaboración foi recollida nun convenio asinado esta mañá en Vigo entre representantes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar –organismo do que depende o CEMVI- e da devandita asociación.

Coa sinatura deste convenio dase continuidade a unha colaboración entre o CEMVI e a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos que xa se viña manifestando na atención a mulleres que derivaban dende a asociación ou na colaboración en cursos anuais de formación. Na sinatura estiveron presentes o xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez; a portavoz e coordinadora da asociación, Rosa Fontaíña; e a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo.

Así, a partir de agora as usuarias do CEMVI contarán coa presencia e asistencia de voluntarias da Rede á hora de realizar desprazamentos e xestións en xulgados, comisarías, hospitais ou outros organismos fóra da área metropolitana, mentres que o Consorcio asumirá os custos deses desprazamentos.

ATENCIÓN NO CEMVIO Centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas da Violencia de Xénero pertence á Rede Galega de Acollemento. Este centro cubre as necesidades básicas e proporciona aloxamento inmediato e de curta estancia a mulleres e persoas dependentes delas que se atopen inmersas nunha situación de malos tratos, co fin de garantirlles un acollemento de emerxencia mentres se valora a súa situación e/ou se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado.

No CEMVI ofrécese atención psicolóxica, xurídica, social ou educativa ás mulleres vítimas deviolencia, aportándolles os instrumentos necesarios para mellorar a súa autoestima, comprender a situación vivida e ensinarlles a manexar situacións similares co obxectivo último de saír desa situación.

No hay comentarios: