miércoles, 16 de enero de 2013

Dolores de Cospedal asisitirá al Congreso del PPdeG en Lugo el próximo sábado

• Dous terzos do Congreso dedicaranse exclusivamente ás ideas e o outro terzo estará dedicado á renovación do equipo co que o PPdeG afrontará unha nova etapa

• Anuncia a prórroga do prazo da presentación de avais por parte de Feijóo, que terá lugar o sábado, para non interferir coa súa axenda institucional



A presidenta doComité Organizador do Congreso do PPdeG, Raquel Arias, anunciou esta mañá que xa teñen lista a proposta dos membros que compoñerán a mesa do XV Congreso do PPdeG que terá lugar esta fin de semana no recinto ferial de Lugo. A su vez, la ministra de Fomento, Ana Pastor, confirmó su asistencia el domingo, en la jornada de clausura.

Así, o Comité Organizador propón que acompañen ao presidente da mesa do Congreso, Jaime Castiñeira, o presidente de Novas Xeracións de Pontevedra, Diego Gago, e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, que asumirán o papel de vicepresidentes. Pola súa banda, a deputada lucense María Julia Rodríguez será a secretaria da mesa e a deputada ourensá, Marta Rodríguez Vispo será a súa secretaria adxunta.
Ademais, o Comité Organizador propón como vogais ao secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, á alcaldesa de Moraña, María Luisa Piñeiro, ao alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e á deputada nacional por Ourense, Ana Belén Vázquez.

Así mesmo, a secretaria xeral do PP de Pontevedra, Begoña Estévez, será a representante na mesa do Comité Organizador e Guadalupe Murillo representará ao Comité de Dereitos e Garantías.

O Comité propón, por tanto, unha mesa na que non falte representación tanto do ámbito local, provincial coma do autonómico, nacional e da xuventude.

Trátase, segundo Raquel Arias, dunha mesa na que non faltará representación tanto do ámbito local, coma do provincial, autonómico, nacional e da xuventude.

Así mesmo, a presidenta do COC anunciou que a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, asistirá ao Congreso o próximo sábado pola tarde para acompañar aos populares galegos nun proceso tan importante.

SOBRE O CONGRESO DO PPdeG
No relativo ao cónclave, Raquel Arias explicou que o Comité xa aprobou un horario provisional. Así, o sábado pola tarde terá lugar a constitución das mesas para as tres ponencias e o debate sobre as emendas para os tres relatorios.

O domingo pola mañá terá lugar a constitución do Congreso e a votación da proposta do COC para a mesa e o Regulamento do Congreso e expoñeranse as tres ponencias.

Así mesmo, haberá intervencións por parte dos presidentes provinciais do partido e dunha representante dos presidentes do PP no exterior, Alejandra Vilalta, presidenta do PP de México. Gerardo Fernández Albor e Ana Pastor tamén intervirán e o actual secretario xeral do partido, Alfonso Rueda, presentará un informe de xestión que posteriormente será sometido a votación.

Así mesmo, Feijóo presentará a súa candidatura que, posteriormente será sometida tamén a votación.

Con respecto a isto, Raquel Arias explicou que o prazo para a presentación dos avais, que remataba este venres, foi prorrogado debido á axenda institucional de Feijóo que, como xa se dixo dun principio, ten prioridade fronte aos asuntos de partido. Polo tanto, o actual presidente a candidato á reelección presentará os seus avais ao longo do sábado.

A presidenta do COC fixo fincapé en que este será o Congreso das ideas no que dous terzos do tempo que ocupe estarán dedicados a actualizar o ideario e deseñar a folla de ruta que o partido seguirá nos próximos anos e un terzo estará dedicado á renovación do equipo co que o PPdeG afrontará unha nova etapa.

Por outra banda, a dirixente popular fixo fincapé en que este Congreso terá moi presente a memoria do Presidente Fundador do partido, don Manuel Fraga, xa que se trata do primeiro cónclave deste tipo no que el non estará presente.

No relativo á repercusión do Congreso, Raquel Arias apuntou en que se intentará que teña a máxima posible, xa non só mediática senón tamén a nivel social, obxectivo para o cal xogarán un papel moi importante as redes sociais.

No hay comentarios: