miércoles, 6 de marzo de 2013

A Deputación asina unha póliza de crédito de 30 millóns co banco de Santander que permitirá entregar este ano a 51 Concellos 46 millóns como anticipo de recadación

A Deputación de Pontevedra asinou hoxe co Banco de Santanderunha póliza de crédito de 30 millóns de euros que tén comofinalidade garantizar as entregas dos anticipos de Recaudación aos51 concellos que delegaron a xestión dos seus tributos no ORAL.

A oferta do Banco de Santander resultou gañadora do concurso convocado ao efecto e establece un Euríbor a 3 meses máis o 3,5%, con liquidacións e revisións trimestrais.

Os 51 concellos delegantes no ORAL (máis a Mancomunidade e o consorcio do Morrazo) recibirán da Deputación de Pontevedra, nos 10 primeiros meses do ano, a cantidade 46.314.825 euros por entregas de recadación de tributos, cantidades que se cancelan nointre da liquidación definitiva, tralo cobro en Voluntaria.

Según explicou hoxe Louzán en rolda de prensa <esta medida é fundamental para a supervivencia dos concellos pois é un instrumento de financiación real que permite planificar a súaTesourería sin costes adicionais, de tal xeito que non precisan acudir a entidades financieiras para concertar operacións a corto prazonunha época, como esta, de gran encarecemento do diñeiro>.

A Deputación entregou aos citados 51 concellos no ano 2012, 43millóns de euros como Anticipos de Recaudación de Tributos. No 2013, entregará 46 millóns.

A entrega realízase mes a mes, de xaneiro a outubro. O importe do anticipo calcúlase sobre o 100% da recadación de cada tributo (IBI, IAE, vehículos) do ano anterior.

Dende o ano 2008, a Deputación anticipou ós concellos a cantidadetotal de 234.162.697 millóns €, según se desglosa:

No hay comentarios: