miércoles, 6 de marzo de 2013

A Xunta instala unha marquesiña de autobús interurbano no Hospital do Meixoeiro para mellorar o servizo aos usuarios

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e odirector xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, supervisaron esta mañá a colocación da nova marquesiña de autobús interurbano que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, e o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), veñen de instalar de forma conxunta no Hospital do Meixoeiro coa finalidade de ofrecer un mellor servizo aos viaxeiros e usuarios e usuarias do centro hospitalario. No acto tamén estiveron presentes o director de xestión do CHUVI, Ernesto Tapia, e o presidente da Federación Galega de Transporte de Viaxeiros (Fegatravi), Javier de Bidegaín.

Esta nova parada -instalada na zona do aparcamento 1 do hospital, xunto á entrada da Unidade de Cardioloxía Intervencionista, Oncoloxía e Mediciña Nuclear- da solución a un problema que afectaba a múltiples servizos e a un número moi importante de viaxeiros, beneficiando así aos usuarios e usuarias das liñas de servizo concesional interurbano que conectan ata 20 poboacións distintas da área de Vigo coa cidade e que teñen parada no Hospital do Meixoeiro. Coma detallou o presidente deFegatravi, esta medida beneficiará a uns 700.000 viaxeiros que cada ano utilizan as liñas de servizo concesional que unen Vigo cos distintos municipios da área xa que, nun día laborable, polo hospital do Meixoeiro poden chegar a pasar entre 140 e 150 autobuses interurbanos, o que supón case 50.000 ao ano.

Coma explicou a delegada, a colocación desta nova infraestrutura é unha vella demanda do colectivo de transporte de viaxeiros porque, ao ser o Meixoeiro unha parada de paso, con certa frecuencia as liñas concesionais tiñan problemas e retrasos nos seus horarios e servizos. Deste modo, e grazas á colaboración e traballo conxunto entre a Dirección Xeral de Mobilidade e a xerencia do CHUVI, esta parada queda establecida soamente para o transporte interurbano, sendo así o máis cómodo para todos os usuarios e usuarias ademais de dar unha solución aos viaxeiros procedentes de concellos coma Porriño, Salvaterra, Mos, Redondela, Ponteareas, Mondariz, As Neves ou A Cañiza, entre outros.

Por último, Bravo Bosch agradeceu a xestión feita polo Complexo Hospitalario Universitario de Vigo,concretamente na figura do seu anterior xerente, Francisco Soriano, quen autorizou o cambio na parada e ademais asumiu todo o acondicionamento e man de obra da zona onde está instalada a nova marquesiña.

Con todo, a entrada en funcionamento desta nova instalación está pendente duns últimos detallestécnicos, coma é a colocación da sinalización horizontal e vertical que estarán rematados nos vindeiros días, co que os propios responsables das empresas concesionais terán estes días para comunicar o cambio e informar adecuadamente do novo servizo.

Características da marquesiña
O refuxio que agora terán os usuarios e usuarios do transporte interurbano no Meixoeiro conta cunha estrutura formada por seis piares de tubo de aceiro inoxidable, de 50 mm de diámetro e 1,5 mm de grosor; unha cuberta de panel de resina reforzada con fibra de vidro, con acabado mediante gel coat; paneis de cerramento de vidro temperado de 8 mm de grosor, coa imaxe corporativa serigrafiada; un banco de resina reforzada con fibra de vidro, con acabado mediante gel coat, e apoio isquiático de tubo de aceiro inoxidable de 50 mm de diámetro e 1,5 mm de grosor; e unha vitrina de 800 x 1000 mm, con estrutura e marco de aceiro inoxidable e fronte de vidro temperado de seguridade de 4 mm de grosor, con bisagras e pechadura de seguridade. Ten unhas dimensións totais de 4,70 m de lonxitude por 1,65 de ancho. ​

No hay comentarios: