viernes, 8 de marzo de 2013

A Deputación distingue a 135 empresas pola sua calidade turística


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, entregou hoxe, na Pousada de A Lanzada, os Diplomas de Calidade Turística en Destiños (SICTED) a 135 empresas da provincia que acadaron o galardón. O Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED) é un proxecto promovido por TURESPAÑA e a FEMP que ten por obxecto promover a calidade dos destinos. A Deputación a través do servizo de Turismo participa na iniciativa dende o ano 2005.

Perante o ano 2012 realizouse a sétima fase do Plan de Calidade con empresas da Provincia. Actuacións realizadas:

•Adherir ó proxecto a 45 novas empresas do destino.
•Seguir dando asistencia técnica ás 123 distinguidas anos anteriores.
•Xornadas de formación para mellorar a competitividade das empresas
•Xornadas de formación en marketing turístico e novas tecnoloxías para empresas turísticas
•Visitas individualizadas de asesoramento técnico a cada unha dasempresas, para diagnosticar e implantar melloras na organización
•Avaliacións de distinción ou seguimento ás empresas para conseguir o selo de recoñecemento.
•Recollida de propostas de mellora das empresas sobre o destino.

Empresas distinguidas en 2012: 135 (12 novas e 123 empresas renovan a marca e que xa participaran anos anteriores)

Empresas distinguidas por sectores: 6 Axencias de viaxes; 1 albergue; 29 Aloxamentos Rurais; 5 Cámpings; 4 Comercios; 4 Empresas de Turismo Activo; 1 Escola de español para estranxeiros;1 Guía turísticos; 29 hoteis e apartamentos turísticos; 12 museos e centros de Interpretación turística; 10 oficinas de información turística; 2 Portos Deportivos; 6 praias; 9 restaurantes; 2 ServizosTurísticos de saúde; 11 Empresas de Transporte Turístico; 1 taxi; 2 de outros servizos. Para as empresas distinguidas existe unha promoción que consiste naentrega de diplomas acreditativos; entrega de placas, pegatinas, pins; Inserciónspublicitarias; Presenza en redes sociais; Presenza no portal públicowww.calidadendestino.es; Etc…

Na súa intervención, Louzán, suliñou que a calidade é un dos aspectos máis valorados polo turista á hora de elixir un destino <e por eso a Deputación apostou no ano 2005 pola implantación dun Plan de Calidade a nivel provincial que traballa na potenciación e mellora de todos os servizos turísticos do noso territorio>. Louzán lembrou que a de Pontevedra foi a primeira Deputación (pioneira a nivel nacional) que se sumou ó Sistema (SICTED) en España. <Nós entendemos a calidade non como sinónimo de luxo, senón de acadar a satisfacción e cubrir as expectativas do turista>, dixo.

Na actualidade, en España traballan no proxecto de implantación do SICTED154 destinos turísticos cun total de 4.000 empresas distinguidas. Pontevedra atópase entre os destinos con máis empresas distinguidas.

O SICTED, entre outras ferramentas, conta con 30 Manuais de Boas Prácticas, un por cada oficio. Ofrece ás empresas adheridas un plan de formación, visitas de asistencia técnica por asesores homologados, talleres colectivos, grupos de traballo, etc, culminando todo coa entrega de distintivo de Calidade.

O presidente da Deputación lembrou que o Turismo constitúe un importante sector no eido da creación do emprego e riqueza <representa o 12% do PIB e ocupa na provincia a máis de 40.000 personas, por eso apostamos polo sector, porque significa xeración de riqueza, benestar e progreso>.

O presidente da Deputación, acompañado polos vicepresidentes Xosé Crespo e José Manuel Figueroa, así como polos alcaldes dos concellos con entidades galardonadas, felicitou ás empresas participantes polos esforzos que destinan para mellorar permanentemente e cumprir todos os requisitos esixidos para obter este recoñecemento. Un galardón que tén validez bianual, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento.

No hay comentarios: