martes, 19 de marzo de 2013

O Comité Organizador do Congreso propón a Vázquez Almuíña como presidente da Mesa


Diego Gago, presidente provincial de Novas Xeracións, lerá o comunicado sobre Preocupacións dos cidadáns: buscando solucións.Juan Constenla (A Estrada) será o vicepresidente e Paula Romeu (Tomiño) exercerá como secretaria.

O Comité Organizador do XVI Congreso provincial do PP de Pontevedra reuniuse esta tarde na sede provincial do partido para ir pechando os últimos detalles da celebración da antedita cita congresual, que terá lugar o vindeiro sábado, 23 de marzo, no auditorio do Centro Social NovaCaixaGalicia e da que sairá a executiva encargada de dirixir ao partido nos próximos anos.

Entre os acordados adoptados figura a designación dos membros que se proporán para integrar a Mesa do Congreso. Unha proposta que incluirá a Jesús Vázquez Almuíña (alcalde de Baiona), como presidente; a Juan Constenla Carbón (tenente de alcalde do concello de A Estrada) como vicepresidente; e a Paula Romeu Cruz (voceira do PP de Tomiño) como secretaria.

Como vogais exercerán Alexia María Alonso Alonso (concelleira en Vigo); Eloísa María Nogueira Garrido (concelleira en Pontevedra); María Luísa Piñeiro Arcos (alcaldesa de Moraña); e Miguel Adolfo Domínguez Alfonso (alcalde de A Cañiza).

Comunicados
Así mesmo, os dous comunicados que se lerán no Congreso correrán a cargo de Agustín Hernández e Diego Gago Bugarín, presidente provincial de NNXX.

O responsable de NNXX será o encargado de dar lectura ao comunicado sobre Preocupacións cidadáns: buscando solucións, no que, desde a perspectiva da xuventude, se fai unha análise das principais preocupacións cidadáns e as solucións que deben chegar desde distintos ámbitos, como os propios partidos e as administracións.

O segundo dos comunicados abordará a necesaria coordinación entre administracións como clave para a eficiencia e a sustentabilidade dos servizos públicos e será lido, como xa se ten anunciado, polo vicesecretario do PPdeG Agustín Hernández.

No hay comentarios: