lunes, 1 de octubre de 2012

A Xunta remata as obras de reforma do CEIP Pintor Laxeiro, onde se atenderán a 250 nenos e nenas no seu novo comedor escolar


A Consellería de Educación actuou en dúas liñas: a ampliación e reorganización do centro educativo para dotalo dun novo comedor escolar con 450 m2, e a construción dun novo ximnasio cunha superficie de 345 m2.

As obras tiveron un investimento total superior aos 500.000 euros.
 

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobou esta mañá a finalización dos traballos.


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de rematar as obras de reforma e ampliación do CEIP Pintor Laxeiro, que tiveron un investimento superior aos 500.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro co equipo directivo do centro para comprobar in situ a finalización dos traballos que se acometeron durante os meses de verán.

Os traballos de reforma e ampliación do colexio destacan por tratarse dunha reorganización do centro para gañar e mellorar os espazos actuais. Se levaron a cabo en dúas fases. Por unha banda, a construción dun novo ximnasio onde estaba ubicado o patio escolar para lograr unha nova edificación cunha superficie de 345 metros cadrados, co fin de destinalo a ximnasio con aseos adaptados, vestiarios e zona de almacéns.

Mentres, a segunda liñas de traballos consistiu na reforma dos espazos onde se ubicaba o antigo comedor e a aula de ximnasia. Deste modo, esta zona se converteu nunha sala de 450 metros cadrados que se destinará a comedor escolar e área polivalente. O novo espazo integra así unha sala de usos múltiples, cocina-office e zona de servicios ademais de aseos adaptados para cumprir coa normativa establecida.

Deste modo, o novo comedor ten capacidade para atender ao redor de 250 nenos e nenas. Ata o de agora, o centro educativo ofrecía o servizo de comedor en dúas quendas de 60 nenos e nenas nun espazo que ocupaba unha superficie de 70 metros cadrados. Así, a superficie do novo comedor escolar permitirá atender a 4 veces máis alumnos e alumnas. Para este curso escolar 2012/2013, o centro ofrecerá o servizo a uns 160 nenos e nenas.

No hay comentarios: