miércoles, 17 de octubre de 2012

Javier Dorado presenta folletos y videos de Novas Xeracións para a recta final de campaña

O presidente da organización xuvenil critica que outras formacións aposten por campañas baseadas no insulto gratuito ou en convocar folgas de estudantes


Javier Dorado indica que este material pretende chegar aos máis novos e convencelos de por qué apostar por Feijóo e polo PPdeG é a mellor opción para a xuventude




Novas Xeracións entra na recta final da campaña electoral presentando un folleto explicativo e dous vídeos en positivo. En palabras do presidente da organización xuvenil, Javier Dorado, este material pretende chegar aos máis novos e convencelos de por qué apostar por Alberto Núñez Feijóo e polo PPdeG é a mellor opción para a xuventude.
Así, no folleto, Novas Xeracións seleccionou oito accións fundamentais desempeñadas polo actual Goberno galego nesta lexislatura, como o impulso á primeira Lei de Xuventude, axudas para mozos desempregados, o Plan Aluga ou a estratexia “Xuventude 2013”.
Ao mesmo, tempo, a organización tamén inclúe unha serie de propostas que o PPdeG leva no seu programa como son as liñas de financiamento para mozos e mozas emprendedores, a dedución por fomento do autoemprego para menores de 35 anos, o mantemento dos prezos das taxas universitarias como as máis baixas do Estado ou o Programa Galego para Competitividade e a Inserción Laboral da Mocidade.

VIDEOS
Por outra banda, Novas Xeracións está a difundir dous vídeos nos que mozos e mozas explican por qué consideran que habería que revalidar o Goberno de Feijóo.
Trátase dunha campaña en positivo que contrasta coas que outras formacións están levando a cabo, baseadas no insulto gratuito ou en convocar folgas estudiantís que a quen prexudican é ao alumnado, porque perden de ir ás clases.

No hay comentarios: