martes, 20 de noviembre de 2012

A Deputación presenta o programa "Coñece a túa provincia"


A Deputada provincial Marta Iglesias presentou esta mañán na sede viguesa da Deputación de Pontevedra o programa "Coñece a túa Provincia", no que se prevé que este ano participen más de 12.000 personas. A iniciativa pretende fomentar a convivencia e o asociacionismo de distintos colectivos de personas (maiores, mulleres, discapacitados, estudiantes, etc…), conforme a Lei de Servizos Sociais de Galicia.
Ao mesmo tempo, perséguese un enriquecemento cultural, a través de visitas diarias guiadas a centros integrantes do Patrimonio da propia Deputación Provincial, tales coma o Museo de Pontevedra, o Pazo Provincial, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, Pazo de Lourizán, Castelo de Soutomaior, etc …); e outros lugares de interés da nosa Provincia, como a Carabela de Baiona, Adegas do Salnés, ou Empresas do textil da zona do Deza, entre outras opcións.

O Programa “Coñece a Túa Provincia”, consiste nun día de convivencia con desprazamentos en autocar a ditos centros, cun xantar entre a mañá e a tarde, rematando sempre cunha visita concertada. Neste ano 2012, hai presupuestados 132.000 euros. Nesta ocasión o adxudicatario é a firma Vivo Viaxes, que ofrece a posibilidade de realizar 4 rutas máis das que se viñan realizando ata agora. En total son 11 os itinerários entre os que cada unha das Asociacións pode elixir:

1)*RUTA PATRONATO: Visita ó Pazo Provincial, Palacete das Mendoza, Pazo de Lourizán, Museo de Pontevedra, almorzó no restaurante “Mochi,” visita ó Castelo de Soutomaior.

2)*RUTA DO DESCUBREMENTO-BAIONA: Visita ó municipio histórico de Baiona , almorzó no restaurante “Glasgow”, visita á Virxe da Roca.

3)*RUTA DAS ADEGAS: Visita a Cambados que inclúe entrada e degustación gratuita a unha bodega de D.O Rías Baixas, visita ó Museo Etnográfico do Viño, almorzo no restaurante “Frankfurt”, visita a Barrantes e ruta dos Muíños.

4)*RUTA PAZO DE OCA, LALÍN E PAZO DE ANZUXAO: Visita ó Pazo de Oca, visita á localidade de Lalín, amorzo en “Casa Pablo,” degustación de productos na Fábrica de queixos “Anzuxao”.

5)*RUTA POIO E COMBARRO : Visita á localidade de Poio, Monte Castrove, visita ó Mosteiro de Poio, almorzo no restaurante “La Parada”, visita á vila de Combarro.

6)*RUTA DE MOURISCADE: Visita ó laboratorio e á Finca de Mouriscade, visita ó Museo Etnográfico “Casa do Patrón, almorzo en “Casa Pablo”, visita ó Museo “Ramón Aller”.

7)*RUTA DA ARMENTEIRA: Visita ó Mosteiro da Armenteira, almorzó no
restaurante “A Capela”, visita a poboación de Meis, restos de cultura castrexa de Monte Castrove, Pazo Señoráns, antiguos molinos fluviais.

8)*RUTA ARQUEOLÓXICA: Visita ó Parque Arqueolóxico de Campolameiro, visita a Rodeiro, almorzó no restaurante “Comareiro”,visita a Cerdedo.

9)*RUTA MARÍTIMA ILLA DE SAN SIMÓN E REDONDELA: Visita á Praia de Cesantes-Redondela, ruta marítima con destino á Illa de San Simón, almorzo no restaurante “Casa Antón”, visita aá vila de Redondela, Monte de A Penada.

10)*RUTA MARÍTIMA DA RÍA DE AROUSA-O GROVE-A TOXA- LANZADA-PORTONOVO E SANXENXO: salida de O Grove, recorrido marítimo no catamarán polas Rías de Arousa, visita OGrove, Illa de A Toxa, almorzó no restaurante“Montemar”, visita á Praia de A Lanzada, Portonovo, Sanxenxo, mirador do Monte Siradella.

11)*RUTA MARÍTIMA ILLAS CÍES: Ruta marítima plas Illas Cíes, visita guiada polos parques naturais, almorzó no restaurante “E l Pescador”, barrio histórico de O Berbés, Monte de A Guía.

Os participantes abonan 10 €uros en concepto de transporte e almorzo. O prazo para presentar as solicitudes, remata o día 28 de Novembro. Este ano, a iniciativa supón un evidente salto cualitativo e cuantitativo respecto a edicións anteriores.

No ano 2008, con presuposto de 101.000 euros, fixéronsa dúas campañas nas que participaron 6.700 personas nas catro rutas confeccionadas (Areeiro, Lourizán, Patronato e Gandarón.
No 2009, cun presuposto de 120.000 euros, os participantes eleváronse ata os 8.000, coas mesmas rutas, ás que se engadiron cara a campaña de outono as de Adegas, Carabela de Baiona, Mouriscade e Patronato.
No 2010, cun presuposto de 156.540 euros, o programa alcanzou os 10436 participantes e as rutas precedentes, engadeuse a dos Mosteiros (en Poio).
No 2011, cun presuposto de 180.000 euros, a participación elevouse ata as 12.000 persoas e se sumou unha ruta máis, que foi a ruta arqueolóxica.
Para esta edición, hai presupuestados 132.000 euros, e cóntase cunha participación lixeiramente superior ás 12.000 persoas.

No hay comentarios: