martes, 20 de noviembre de 2012

A Xunta renova o seu compromiso co Real Club Náutico

A delegada territorial da Xunta trasladoulle á nova directiva os seus mellores desexos ante a nova etapa que ten por diante na dirección do Real Club Náutico de Vigo e ofreceulle toda a súa colaboración.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo un primeiro encontro institucional coa nova presidenta do Real Club Náutico de Vigo, Viviana Beatriz García, e o seu vicepresidente, Julio Rodríguez. No que foi un primeiro achegamento e presentación completamente institucional tras a súa recente toma de posesión a semana pasada, presidenta e delegada trataron diversos asuntos que ambas institucións teñen enriba da mesa no que actividades deportivas e asuntos patrimoniais se refire, facendo fincapé na continuidade e firme compromiso da Xunta de Galicia con este club senlleiro da cidade olívica. Deste modo, e tras o saúda feito pola propia nova presidenta á delegada territorial a semana pasada e no que lle prantexaba a importancia de seguir contando co apoio e consideración da Administración autonómica na súa nova etapa, Bravo Bosch respondeu así a dita petición deixando claro a axuda e colaboración que a Xunta de Galicia terá co Real Club Náutico de Vigo e que, coma ata o de agora,vese traducido en sponsorizacións dos eventos organizados polo mesmo así coma en axudas outorgadas ás diferentes seccións deportivas a través da Secretaría Xeral para o Deporte. Bravo Bosch mantivo así unha primeira reunión coa presidenta e coa nova xunta directiva para trasladarlle os seus mellores desexos ante esta nova etapa que teñen por diante para xestionares o Club, ao tempo que lle ofreceu toda a súa colaboración xa que, coma recordou, o Real Club Náutico forma parte da historia viva desta cidade contando con preto de 9.000 socios.

No hay comentarios: