miércoles, 21 de noviembre de 2012

A Xunta colabora co proxecto "Mar, traballo e patrimonio, descobre a enseada de San Simón"

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Pesca, a axuda pertence á convocatoria de 2012 dos Grupos de Acción Costeira (GAC) e concédese ao abeiro dos plans estratéxicos zonais co obxecto de impulsar a competitividade das zonas de pesca.

O proxecto pretende aproximar o patrimonio cultural, industrial, natural e a actividade produtivo-extractiva da Enseada de San Simón á comunidade xeral e escolar, explorar oportunidades de negocio no sector turístico e, de forma complementaria, establecer estratexias para a mellora ambiental da Enseada.



A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, ven de conceder ao Concello de Redondela unha axuda de 20.331,83 euros a través da convocatoria de subvencións para proxectos dos Grupos de Acción Costeira (GAC) ao abeiro dos plans estratéxicos zonais cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca dentro da convocatoria deste ano 2012.

A través destas axudas favorécese a competitividade das zonas de pesca, impúlsase o valor engadido dos produtos pesqueiros e axúdase a pequenas infraestruturas e servizos relacionados con este ámbito.Así, o proxecto presentado polo Concello de Redondela baixo o nome de “Mar, Traballo e Patrimonio, descobre a Enseada de San Simón”, foi aprobado dentro desta convocatoria dos GAC.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, presentaron o proxecto, que pretende aproximar o patrimonio cultural, industrial, natural e a actividade produtivo-extractiva presente na Enseada de San Simón á comunidade xeral e escolar, explorar oportunidades de negocio no sector turístico e, de forma complementaria, establecer estratexias para a mellora ambiental da Enseada.

Coma sinalou Bravo, a visión “holística” e multifuncional deste espazo marítimo-terrestre “é unha base teórica sobre a que se asenta o proxecto e as súas actividades”, que pasan por saídas didácticas marítimo-terrestres para escolares; a elaboración e edición de material didáctico; publicidade e comunicación de rutas turísticas; voluntariado ambiental, charlas coloquio; e ata a creación dunha páxina web e dunha web 2.0, entre outras.

Mentres, e coma detallou o alcalde da localidade, a intención do goberno local é “interrelacionar todas as actividades municipais en torno á Enseada de San Simón”, de feito que o proxecto presentado polo Concello de Redondela ten coma obxetivos xerais impulsar a posta en marcha do “Meirande” -a exposición sobre a Batalla de Rande- como centro difusor da cultura marítima; divulgar os recursos patrimoniais, ambientais e mariñeiros da Enseada de San Simón; reflectir o patrimonio costeiro dos diferentes concellos bañados pola Enseada (Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior e Redondela); amosar as posibilidades de explotación turística e diversificación da actividade pesqueira e marisqueira e, por último, mellorar o entorno dun espazo natural protexido.

As axudas dos proxectos GAC
A Consellería de Medio Rural e do Mar aprobou 23 proxectos dos Grupos de Acción Costeira da provincia de Pontevedra. No ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, concedéronse un total de 7 proxectos cun investimento superior aos 146.000 euros (adxúntase cadro) mentres que noconxunto da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia investiu máis de 2 millóns de euros para financiar ata 53 proxectos.
 
Solicitante
Proxecto
Orzamento
Mar de Silleiro SL
BAIONA
Comercialización directa de produtos 
da pesca artesanal
21.559,88 euros
Costin Balca
MOAÑA
Promar Meira; clínica de motores e
embarcacións náuticas
11.404,54 euros
Costin Balca
MOAÑA
Promar Meira; diagnóstico de motores 
foraborda
7.363,35 euros
Ladeira Beach SL
BAIONA
Beach Escola Ladeira
41.568,57 euros
CEMMA
NIGRÁN
Galicia no lombo da balea; 
Proxecto museístico expositivo sobre a historia da caza da balea
16.530,00 euros
Confraría de CANGAS
2ª fase Cultivo volandeira en batea, 
na Ría de Vigo
28.027,18 euros
Concello deREDONDELA
Mar, traballo e patrimonio, 
descobre a enseada de San Simón
20.331,83 euros


No hay comentarios: