jueves, 15 de noviembre de 2012

Louzán asina con 53 alcaldes de menos de 20.000 habitantes un convenio para financiar servicios sociais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e alcaldes de 53 concellos da provincia (os de menos de 20.000 habitantes) asinaron hoxe un convenio para cofinanciar os Servizos Sociais Comunitarios Municipiais.

A Deputación destina a esta iniciativa un total de 2,4 millóns de euros que posibilitará o pago das nóminas de 350 empregados (250 do Servizo de Axuda no Fogar e 100 técnicos) e que beneficiará a miles de personas da poboación de 397.529 habitantes que conforman os concellos citados.

Co convenio, a Deputación financiará os seguintes tres servizos: o Servizo de Axuda no Fogar na modalidade de prestación básica; a contratación do Persoal dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios; a retribución do persoal dos centros municipais de Servizos Sociais comunitarios específicos.

Este convenio abre as portas dunha nova colaboración directa da Deputación cos concellos medianos e pequenos nunha materia de máximo interese e das que máis preocupan aos alcaldes/esas como son os servizos sociais, a atención aos veciños e veciñas que máis o precisan.

Esta acción realizaráse tralo acordo asinado entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra con motivo da aprobación do Decreto 99/2012 de 16 de marzo, que regula o financiamento dos servizos sociais.

Co acordo, os concellos van ter a garantía absoluta non só de que van poder seguir prestando estes servizos, senón que o mellorarán.

O Servizo de Atención no Fogar permite darlle asistencia personalizada no seu propio domicilio a aquelas persoas que precisan de axuda para a súa vida diaria: para a súa hixiene, para a súa alimentación, para o coidado do fogar, así como atención psicosocial, sanitaria e educativa.

A Deputación fixo un extraordinario esforzo para ir máis alá na aportación para Axuda no Fogar que a Xunta fixera en 2010. A institución provincial asumiu como compromiso seu máis de 1 millón de euros: no 2010, a Xunta aportara 1,1 millóns; no 2011, apenas 226.000 euros; e agora, a Deputación aporta 1 millón máis que a Xunta no 2010 e achega a cuantía aos 2 millóns de euros.

O reparto por concellos da citada cuantía fíxose con criterios obxectivos tendo en conta parámetros establecidos pola Xunta como área urbana, metropolitana, semiurbana ou rural; índice de envellecemento e de dependencia; orografía; envellecemento, número de centros de cada concello, etc..

Na xuntanza de Louzán cos 53 alcaldes da provincia, o presidente suliñou a necesidade de armonizar as tarifas por horas de servizo.

No hay comentarios: