viernes, 14 de diciembre de 2012

A Deputación axuda con 2,3 millóns de euros a 13 concellos para poñer en marcha investimentos

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe un total de 2,3 millóns de euros para que 13 concellos da provincia poidan desenvolver 19 proxectos de obras incluidas no Plan Provincial de Investimentos (PID).

Louzán destacou que, antes de fin de ano, estarán aprobadas todas as axudas deste plan, que ten unha cuantía total de 18 millóns de euros. As subvencións aprobadas hoxe son as seguintes:

Concello de A Estrada
• Beirarrúas nunha marxe de Ouzande……………...……150.000
• Ponte no regato Caldeirón (Barcala-A Estrada)……......150.000
• Rede saneamento e depuración Figueroa de Abaixo….....90.000

Concello de Campo Lameiro
• Melloras en núcleos rurais………………………..…….151.322

Concello de A Cañiza
• Urbanización espazo entre o Velatorio e a capela de Santa Cristina de Valeixe……………………………………………………62.601

Concello de Cotobade
• Reforma e ampliación do Edificio Multiusos para uso como Consultorio médico…………………………………………………..191.697

Concello de O Covelo
• Mellora rodadura en área recreativa de Pazos-Estrada de Maceira e reconstrucción de muros nos lugarese de Oleiros e Sampedro……………………………………61.543

Concello de Gondomar
• Urbanización da rúa Cruz de Mera……………………..203.935

Concello de Marín
• Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos……......… 66.787

Concello de Vilagarcía de Arousa
• Parque infantil Praza Miguel Hernández……………….…69.989
• Vestiarios no campo de fútbol de Vilaxoán……......……100.804

Concello de Mos
• Pavimentacións en camiños de Santos Reis, Pozos do Monte eCamiño do Seixo…………………………………………………….177.462
• Mellora rede saneamento en Cela, Zapateira e Xuguiño....116.311

Concello de Nigrán
• Mellora de parques infantís……………………………...60.487
• Abastecemento e saneamento municipal………………..154.005

Concello de Pazos de Borbén
• Urbanización camino peonil Moscoso-Xunqueiras….........74.944
Concello de Porriño
• Saneamento en Cerquido…………………………….....144.174
• Ampliación e reforzó vial de As Laxas…………………..153.667

Concello de Redondela
• Mellora e pavimentación camino municipal de San Mamede,Quintela………………………………………..118.452

No hay comentarios: