viernes, 14 de diciembre de 2012

A Deputación destina 105.000 euros a seis colectivos con fines sociais de Vigo, Pontevedra, O Morrazo e O Salnés

O presidente da Deputación de Pontevedra asinou hoxe seis convenios, por un importe total de 105.00 euros, con asociacións de Alzheimer (de Pontevedra, Morrazo e O Salnés); coa asociación contra o Cancro de Pontevedra; coa sociedade de axuda á integración dos africanos, de Vigo; e co Proxecto Home Galicia que tén sedes en Vigo e Pontevedra.

As entidades favorecidas, o obxecto das súas axudas e as manifestacións dos seus responsables, son as seguintes:

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de PONTEVEDRA(AFAPO)→15.000 euros
Obxecto: colaboración para o programa “Axúdanos a seguir axudando” que atende a persoas que padecen a enfermidade en distintos estadíos.

• As actuacións están encamiñadas a activar o rendemento das capacidades cognitivas, funcionais e sociais das persoas que padecen este tipo de enfermidade, para contribuír ó mantemento da súa autonomía o maior tempo posible e previr ó illamento social.
• O seu presidente, José Manuel Fontenla, destacou que en Pontevedra teñen 40 usuarios e dixo que a finais de decembro inaugurarán un novo local social que atenderá enfermos perante 8 horas. En Galicia, hai máis de 400.000 afectados polo mal de Alzheimer.

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer do MORRAZO(AFAMO)→15.000 euros
Obxecto: a prevención do deterioro e a atención ás persoas en fase leve que, por falta de prazas, non poden acudir ó centro de día da asociación. Tamén, aliviar a sobrecarga do coidador proporcionándolle un tempo de respiro

No Morrazo existen aproximadamente 500 pacientes diagnosticados, que só dispoñen dun centro público cunha ocupación de 40 prazas e unha lista de espera de 20 enfermos. A súa presidenta é Josefa Cancelas.

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer AFASAL→15.000 euros (COMARCA DE O SALNÉS)
Obxecto: obradoiros “Activa a túa mente” para a prevención do deterioro e a atención ás persoas nas distintas fases da enfermidade, para a manter o maior tempo posible a súa autonomía. Tamén busca o respiro dos coidadores

• Consiste na intervención terapéutica, ocupacional, rehabilitadora e recreativa de estimulación cognitiva para un grupo de entre 10 e 12 usuarios, cun horario de 9:30 a 13:30 h
• A presidenta da asociación do Salnés, Ana Granja Briones, destacou que o centro leva funcionando tres anos e dixo que éste era o primeiro convenio asinado por eles, polo que mostrou gran agradecemento á Deputación.

Proxecto Home Galicia→20.000 euros (VIGO E PONTEVEDRA)
Obxecto: Apoiar o programa terapéutico-educativo, co obxectivo de apoiar a recuperación das persoas toxicómanas e as familias afectadas.

O seu presidente, Ramón Crespo, destacou que, en Pontevedra e Vigo, atenden a diario a 550 personas. En Pontevedra atenden tamén a enfermos alcohólicos e a víctimas de violencia de xénero, asi como ás personas víctimas de todo tipo de adiccións.

No centro de Vigo, Crespo destacou que o Proxecto Home conta cun recurso <único e pioneiro a nivel estatal>, como é o Centro de Drogodependencias con Patoloxía Dual onde tratan a personas con problemas de adicción ás sustancias tóxicas que teñen asociado un deterioro neurolóxico e distintas enfermedades asociadas á conduta aditiva.

Ramón Crespo manifestou a súa decepción cos Concellos de Vigo e Pontevedra pois, según dixo, <lamentablemente non apoian ao Proxecto Home a pesar de traballar nestes dous concellos>.

Asociación Española Contra o Cancro→20.000 euros (PONTEVEDRA)
Obxecto: Colaborar coa a Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra no mantemento da Unidade Móbil de Coidados Paliativos, adscrita ó Servizo de Oncoloxía do Hospital Meixoeiro, para a atención a domicilio de enfermos de cancro en fase terminal.

A presidenta, Josefa Crespo Amigo, destacou que a Deputación é a única entidade que sigue apoiando a estes colectivos a pesares da crise. Dixo que atenderon este ano a 150 enfermos (dos que 97 faleceron) e que dispoñen para eso dun médico, unha enfermeira, un psicólogo e un traballador social.

Asociación de Integración de ayuda al desarrollo africano “A.I.D.A.” →20.000 euros (VIGO)
Obxecto: O programa de “Atención Integral ó Inmigrante Africano, 2012”. Entre os obxectivos do proxecto destacan:

• Resolver problemas de comunicación entre africanos e españois e viceversa
• Organizar cursos da lingua e cultura española e outros
• Distribución alimentaria a través do seu banco de alimentos
• Potenciar un cambio da visión sobre a realidade africana
• Fomentar os pequenos sentimentos de solidariedade, tolerancia, diversidade racial, etc.
• Ofrecer asesoramento socio laboral e xurídico
A presidenta, Hortense Yaofanga, destacou que levan funcionando en Vigo dende hai 15 anos. Dixo que, por mor da crise, atenden tamén a outros emigrantes, sobre todo latinoamericanos. Este ano atenderon a 650 personas e suliñou que a Deputación era <a única institución con sensibilidade para este tipo de colectivos que, no caso de AIDA, está formado por voluntarios>

No acto de sinatura dos convenios, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que, a pesar das dificultades económicas, a institucion provincial seguirá mantendo o vindeiro ano iguais cantidades de axudas para o funcionamento destes colectivos.

No hay comentarios: