viernes, 21 de diciembre de 2012

Feijóo sinala a actualización constante e o aumento da base social do PPdeG para seguir sendo o partido maioritario, de goberno e de futuro


Expuxo a súa candidatura á Presidencia do partido á xunta directiva provincial Pontevedra, como xa fixo nos últimos días en Lugo, A Coruña e Ourense

Anima aos seus compañeiros da xunta directiva de Pontevedra a comezar a traballar para o próximo reto electoral que son as eleccións municipais



O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe a actualización constante e o aumento da base social do PPdeG para seguir sendo o partido maioritario, de goberno e de futuro.

Así se expresaba o dirixente popular ante a xunta directiva do PP de Pontevedra, onde expuxo a súa candidatura á Presidencia do partido ao igual que o fixo xa nos últimos días ante as de Lugo, A Coruña e Ourense.

Alí, Feijóo animou aos seus compañeiros da provincia a comezar atraballar para o próximo reto electoral que son as eleccións municipais e lembrou que o PPdeG é un partido maioritario, de futuro, de goberno e que dá confianza á xente, por iso ningún éxito, por importante que sexa, pode facer que os populares se conformen.

Por outra banda, o dirixente popular comprometeuse a seguir traballando para blindar os servizos sociais e para encamiñar a economía ao crecemento e, de forma concreta, fixo referencia a algúns dos sectores produtivos de Galicia.

Así, celebrou os resultados acadados onte no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea no relativo as cotas de captura e, do mesmo xeito, insistiu en que PSA Peugeot-Citröen volverá superar en 2013 a cifra de 400.000 vehículos fabricados.

Así mesmo, o dirixente popular subliñou a necesidade de explicarlles aos cidadáns todo o que sexa necesario e no momento no que sexa necesario e cre que España e Galicia necesitan ideas, dedicación e coherencia e precisan a implicación dos populares para ter esperanza e ter futuro.

No hay comentarios: