viernes, 21 de diciembre de 2012

A delegación da Xunta en Vigo destaca as obras do Hospital e a EDAR do Lagares dentro das 21 medidas da Xunta en Vigo ao longo do 2012


A delegada territorial insta ao Concello de Vigo a que chegue a acordos coa Administración autonómica para avanzar no proxecto da Cidade da Xustiza e poñer en marcha a Área Metropolitana.


O novo tax lease, o contrato de Pemex con Barreras, as axudas á automoción, as obras do espazo de usos recreativos na ETEA ou a vindeira apertura do Centro de Interpretación das Illas Atlánticas no edificio Cambón son outras das actuacións da Xunta conseguidas este ano.

No ámbito social destaca a apertura da Escola Infantil da Gota de Leche, as melloras e ampliacións dos centros educativos dos CEIP Pintor Laxeiro, O Pombal e Illas Cíes e a apertura do centro de saúde de Navia.

En materia de vivenda e rehabilitación, a aposta pola recuperación do Casco Vello a través do CCVV coa incorporación de novas familias, novos establecementos comerciais e institucións coma os Rexistros da Propiedade ou o Rexistro Civil, ao que se suma a declaración da Festa da Reconquista coma Festa de Interese Turístico Galego.



A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch,mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación para facer un balance do ano e resumir en 21 medidas –por ser hoxe día 12 do 12 do 2012- as actuacións máis relevantes que a Administración autonómica desenvolveu ou está a desenvolver en Vigo ao longo deste ano.
A responsable do Goberno galego na cidade recoñeceu os momentos de crise económica que se están a vivir, pero quixo lanzar unha mensaxe de “optimismo moderado” para que no ano 2013 “se poida construír un futuro mellor aínda que as medidas a adoptar non sexan boas para a cidadanía”.
Así, coma actuacións máis relevantes levadas a cabo na cidade de Vigo e na súa área neste ano, Bravo Bosch destacou a obra do Novo Hospital Público de Vigo, que segue os prazos establecidos e anunciados explicando que a última Comisión de Seguimento –á que non acudiu o Concello de Vigo- tiña coma obxectivo dar a coñecer aos representantes do goberno local ás propostas de acometidas da auga e electricidade para o hospital así coma informar sobre a situación actual da execución da obra e os servizos do centro. Ademais, estaba previsto facilitar ao Concello información sobre a situación das obras de construción.
A delegada informou que incluso o Sergas xa dispón do proxecto da acometida, poñéndoo a disposición do goberno municipal para que, dacordo co compromiso rubricado no convenio, poida afrontar estas instalacións, que serán indispensables no terceiro trimestre de 2013 para poder garantir que non haxa retrasos na posta en marcha da infraestrutura.
Bravo Bosch sinalou que a Consellería de Sanidade ten previsto convocar de novo a comisión de seguimento do convenio na próxima semana co obxecto de poder desenvolver os temas previstos, esperando que o Concello de Vigo mostre o interese por esta infraestrutura.
Coma segunda actuación, destacou a obra da EDAR do Lagares, cuxa execución comezou no mes de setembro. Os traballos están a avanzar segundo os prazos previstos. Bravo Bosch deixou claro o investimento desta actuación, que supón a maior inversión hidráulica da historia da Xunta de Galiciaaportando un total de 121 millóns de euros para a súa execución. A nova EDAR é de vital importancia para o desenvolvemento da cidade de Vigo, e supón un reto técnico que terá capacidade para atender ás necesidades dunha poboación duns 800.000 habitantes permitindo acadar os obxetivos previstos na normativa comunitaria.
A partires de aí, a delegada comentou outros dos asuntos de importancia para Vigo e a súa área territorial que se trataron este ano pero que non obtiveron os resultados e avances desexados pola Xunta de Galicia coma son a Cidade da Xustiza e a Área Metropolitana instando ao Concello de Vigo que chegue a acordos coa Administración autonómica para poder mudar a situación.
No primeiro caso, deixou claro que o Goberno galego fixo todo o que estaba na súa man para levar adiante o proxecto, criticando a negativa constante por parte do alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, ante a execución desta necesaria infraestrutura xudicial. Bravo Bosch lembrou que mentres no resto das grandes cidades galegas, xa se está a avanzar e saíron adiante os seus edificios, o caso de Vigo segue a quedar atrás pola falta de colaboración de Abel Caballero.
Mentres, no que respecta á Área Metropolitana, sinalou que a cidade perdeu unha grande oportunidade, pero que aínda está a tempo de volver a aproveitala posto que a lei está aprobada e en vigor e sendo inamovible o compromiso da Xunta co seu desenvolvemento.
Por último, María José Bravo Bosch lamentou a situación vivida onte no edificio ante a aparición de panfletos informativos con acusacións falsas sobre unha xornada de traballo que se desenvolveu o pasado 18 de decembro cos xefes de servizo e os xefes territoriais de Vigo co único obxectivo de tratar e mellorar o funcionamento da Delegación e por en común aspectos de interese organizativo.

O resto de medidas levadas a cabo
Con todo, o resto de 21 medidas que este ano conqueriu a Xunta en Vigo, destacan a aprobación no novo tax lease, que despois de moitos meses de traballo permitirá aos estaleiros galegos e da Ría de Vigo competir nas mesmas condicións que o resto de Europa; o contrato de Pemex con Barreras, unha nova oportunidade de negocio coa construción de dous floteis, un no asteleiro Barreras e outro para Navantia; ou as axudas e apoio da Xunta á automoción cos novos modelos de Citroën, os vehículos Peugeot Partner e Citröen Berlingo eléctricos.
A posta en marcha das obras dos espazos de usos recreativos da ETEA (PS-5) que lle corresponden ao Goberno galego dentro do Plan Sectorial ou a vindeira apertura do Centro de Interpretación das Illas Atlánticas no edificio Cambón son outras medidas.
Mentres, no ámbito social, destaca a apertura da Escola Infantil da Gota de Leche; as melloras e ampliacións dos centros educativos dos CEIP Pintor Laxeiro, O Pombal e Illas Cíes, aos que hai que sumarlle ás remozadas instalacións do CEIP Virxe do Rocío e a apertura do centro de saúde de Navia.
Mentres, en materia de vivenda e rehabilitación, destaca a aposta pola recuperación do Casco Vello a través do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) a través de 3 medidas: 1) a rehabilitación devivendas coa incorporación de novas familias e as axudas que se plantexaron coa firma de convenios con entidades financeiras, 2) a apertura de novos establecementos e locais comerciais e, por último, 3) a aposta polas institucións e proxectos administrativos coma son os Rexistros da Propiedade ou o Rexistro Civil. Tamén, neste senso, a entrega das 38 VPP executadas pola Xunta en Navia ao Concello de Vigo.
Nesta recuperación e pulo polo Casco Vello, destaca tamén a declaración da Festa da Reconquistacoma Festa de Interese Turístico Galego o 16 de marzo deste ano, cando o Consello da Xunta facíao oficial, e se conseguía o recoñecemento ao gran traballo feito polos veciños e veciñas do Casco Vello.
A apertura da nova oficina de emprego de Vigo-Navia, e a aposta polas políticas activas de empregocunha inversión, no que levamos de ano, de preto de 12 millóns de euros adicados á área da delegación territorial de Vigo e máis de 8,4 millóns de euros investidos directamente na cidade de Vigo, nas súas institucións e empresas ao abeiro dos plans de cooperación, accións formativas para desempregados (AFD), plans integrados de emprego (PIPE) e obradoiros de emprego (OOEE).
Por último, as humanizacións e melloras da seguridade viaria na cidade e na área, con 6,2 millóns de euros aportados pola Xunta nas obras de urbanización das rúas Manuel Álvarez, Severino Covas e Escultor Gregorio Fernández a través dun convenio de colaboración co Concello de Vigo no que a Xunta inviste máis do 80% do orzamento total.
Mentres, no aspecto rural a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, subvenciona un total de 16 proxectos dinamizadores das áreas rurais da cidade de Vigo e a súa áreadestinando preto de 600.000 euros (564.680,1 euros) para os concellos de Fornelos de Montes, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, Redondela, Vigo, Mos e Moaña. Neste senso, o proxecto que percibe un maior investimento é o presentado polo Concello de Vigo, que recibe unha axuda única de 133.197,59 euros para financiar a humanización do entorno da igrexa de Zamáns.
E por último, destaca a apertura da Delegación Territorial á cidadanía e aos colectivos parroquiais aproveitando as súas instalacións como centro de actividade cultural e social, ao acoller múltiples exposicións de artistas e colectivos culturais que teñen cabida na planta baixa do edificio administrativo.

No hay comentarios: