martes, 22 de enero de 2013

A Xunta colabora na acollida de 17 nenos desprotexidos no centro de menores de Seixo, en Cabral


O centro conta cun proxecto educativo, proxectos educativos individualizados e unha programación anual de actividades, así como regulamento de réxime interior.

Está xestionado polas relixiosas do Buen Pastor xunto a 4 educadoras, ademais de contar con cociñeira e persoal de servizos xerais.
A delegada da Xunta en Vigo resaltou que o obxectivo central da Xunta na protección de menores é lograr o adecuado desenvolvemento persoal e a integración familiar e social dos nenos, nenas e adolescentes.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch,realizou esta mañá unha visita ao Centro de Menores O Seixo, ubicado na parroquia de Cabral. Da man da súa directora, Ángeles Bandeira de la Riva, a delegada da Xunta coñeceu as instalacións e comprobou o bo traballo que leva a cabo este centro de carácter residencial, xestionado polas relixiosas do Buen Pastor a través da concesión dun contrato de xestión de servizos públicos coa aportación do edificio por parte da Consellería de Traballo e Benestar. Deste modo, a súa finalidade é o acollemento residencial de menores en situación de desprotección ou risco de desamparo.

Coma explicou Bravo Bosch, estes nenos e nenas en situación de desprotección e que residen no centro O Seixo están tutelados ou en situación de garda pola Xunta de Galicia.

En total, o centro conta con 18 prazas residenciais en distintas tipoloxías: 11 prazas residenciais estánen réxime de internado, 2 máis se reservan a menores de características especiais e outras 5 prazas residenciais son en réxime diurno. A residencia comprende 2 edificios de dúas prantas cada un, conta cun xardín e ten un patio cuberto para o ocio e esparexamento dos menores.

Nestes momentos, hai 17 menores acollidos en dita residencia, dos que 10 están en réxime de tutela e 2 de garda, mentres que os 5 restantes son atendidos en réxime de día. O centro conta cun proxecto educativo, proxectos educativos individualizados e unha programación anual de actividades, así como regulamento de réxime interior. E ademais de estar xestionado polas relixiosas, tamén conta con 4 educadoras, unha cociñeira e outra persoa de servizos xerais.

Deste modo, e coma informou Bravo Bosch, o servizo de menores da Delegación da Xunta en Vigo conta con 456 prazas para nenos e nenas en réxime de tutela, garda ou atención de día a través dos distintos centros colaboradores que hai en toda a provincia e dos que, ao redor do 85%, atópanse na cidade olívica e a súa área.

Con todo, a responsable da Administración autonómica na cidade apoiou así o traballo que desenvolve este centro e o servizo de menores ademais de destacar que o obxectivo central da Xunta de Galicia na protección de menores é lograr o adecuado desenvolvemento persoal e a integración familiar e socialdos nenos, nenas e adolescentes, con medidas de prevención que se teñen que aplicar dende un enfoque universal, dirixidas a todos os menores, presenten ou non problemáticas específicas, con maior ou menor intensidade.

Neste senso, a atención á infancia e a adolescencia ten carácter prioritario nas actuacións dirixidas a prever posibles situacións de desproteción ou conflicto social nas que se poden atopar, prestando unha atención individualizada e integral que ten en conta as necesidades e características dos menores e da súa familia, co obxectivo de restituir as condicións idóneas para a permanencia no seo familiar, ou no seu defecto, a búsqueda dunha familia alternativa, baixo as figuras da adopción ou o acollemento.

Os servizos de atención residencial no SeixoO centro de menores O Seixo conta así cun servizo de atención residencial en réxime de internado, e outro en réxime de atención de día.

Así, o primero deles inclúe aloxamento diurno e nocturno; alimentación; atención durante todo o ano incluíndo fins de semana e vacacións; horario continuado 24 horas ao día; apoio psicosocial e educativo e seguimento escolar; hixiene e educación nos hábitos da saúde; roupa e calzado; animación planificada do tempo libre; formación nas habilidades sociais básicas.

Mentres, o servizo de atención de día conta con aloxamento diurno nas instalacións adecuadas; atención en unidades de funcionamento autónomo que contan alomenos coa presencia dun educador; atención durante todo o ano; horario de atención mínimo de 8 da mañá a 8 da tarde; alimentación; hixiene e educación nos hábitos de saúde; apoio ao seguimento escolar; animación planificada do tempo libre; financiamento do transporte de proximidade, de ida e volta ao domicilio familiar; roupa e calzado, servizos de titorías con orientación psico-educativa; traballo coas familias e visitas aos domicilios dos menores.

No hay comentarios: