martes, 22 de enero de 2013

O PP pide no parlamento a condena do terrorismo e a oposición día que quere tapar a corrupción


O PPdeG propuxo hoxe ao Parlamento autonómico que aprobase unha declaración institucional de condena do "terrorismo" en Galicia, pero a oposición calificouna como unha "cortina de fume" dos populares para tapar os casos de "corrupción".

Entre as declaracións dos grupos da oposición, a máis dura foi a do voceiro do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, quen chegou a asegurar que o PPdeG "non ten lexitimidade moral" para impulsar esta declaración institucional, toda vez que, segundo recordou, "boicoteou" en diversas ocasións unha condena ao franquismo nas Cortes.

Fronte a estas acusacións, o seu homólogo do PPdeG e quen levou esta proposta á Xunta de Portavoces deste martes, Pedro Puy, advertiu que a súa formación é "un partido democrático" e que "sufriu nas súas propias carnes" o terrorismo, polo que rexeitou taxativamente que non estea "dotado de lexitimidade moral" para impulsar declaracións deste tipo.

No hay comentarios: