martes, 5 de febrero de 2013

O CCVV segue adiante co seu programa de erradicación de pintadas sen custo para os veciños do barrio antigo


A presidenta do organismo, María José Bravo Bosch, supervisou hoxe as actuacións do programa de limpeza que se ven desenvolvendo dende o ano2008.

O persoal da empresa adxudicataria do servizo, “Clinarte S.L.”, amosou hoxe a sua forma de traballar limpando unha pintada no número 11da rúa Realmediante o seu sistema de nova xeración, baseado en micropartículas de sílice de baixa presión.

A campaña de eliminación de pintadas no Casco Vello, que conta cun novo orzamento de 18.000 euros (sen IVE), é unha ferramenta eficaz para eliminar todo tipo de grafittis, pintadas e carteis das fachadas dos inmobles.

Dende a súa implantación, investíronse 146.000 euros nas 687 actuacións levadas a cabo nas distintas zonas do Casco Vello, na súa maioría sobre superficies de pedra, metal e madeira. So durante o ano pasado erradicáronse un total de 107 pintadas.

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, supervisou hoxe as actuacións que se desenrolan dentro do novo programa de erradicación de pintadas no barrio antigo que, unha vez máis, é de balde para os veciños e veciñas que o soliciten. O plan, implantado hai agora catro anos, segue amosando moi bos resultados.

Bravo Bosch comprobou o traballo feito por un operario da empresa, encargado da eliminación dun grafitti nunha fachada do número 11 da rúa Real. O organismo renova así este programa por un importe de 18.000 euros (sen IVE) coa empresa adxudicataria do servizo de limpeza, “Clinarte S. L.”, que utiliza un sistema de nova xeración, baseado en micropartículas de sílice baixa presión.

O programa de erradicación de pintadas supón unha ferramenta eficaz para eliminar todo tipo de grafittis, pintadas e carteis nas fachadas dos inmobles situados no Casco Vello. Dende 2008, o CCVV investiu 146.000 euros e levou a cabo un total de 687 actuacións, na súa maioría en soportes de pedra, metal ou madeira nunha superficie superior aos 3.400 metros cadrados.Actúase tamén sobre outros tipos de soportes coma ladrillo, bloque, vidro e superficies pintadas, e segundo o tipo do que se trate utilízase o sistema de eliminación máis axeitado. Só durante o ano 2012 erradicáronse un total de 107 pintadas en distintas zonas, na súa maioría en soportes de pedra (110 m2), metal (125 m2) ou madeira (57,40 m2) e que supoñen unha superficie superior aos 440 m2

Os traballos executados pola empresa adxudicataria do programa non só se cinguen aeliminación de grafittis de todo tipo, senón que tamén se levan a cabo outras labores coma tratamento de protección antipintadas, mantemento nas zonas previamente protexidas e pintado das superficies agredidas. Todas as solicitudes presentadas no CCVV son atendidas sen custo para os propietarios e propietarias de inmobles da zona vella.

A idea que persigue este programa é mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e dos visitantes do Casco Vello. O CCVV considera básico erradicar numerosas pintadas que sofren fachadas e outros elementos inmobiliarios. As pintadas van máis alá do estético, xa que incrementan a sensación de abandono e suciedade dunha zona en pleno proceso de rehabilitación integral.

En canto a execución dos traballos de balde para os veciños do barrio histórico e que poderán solicitar ao CCVV –participado nun 90 por cento pola Xunta en un 10 por cento polo Concello-, Bravo Bosch explicou que os mesmos se levarán a cabo tras unha primeira inspección xeral do ámbito de actuación por parte da dirección facultativa e da empresa adxudicataria, co fin de establecer as actuacións prioritarias e secundarias. Posteriormente, o control da aparición de pintadas para a eliminación poderá realizarse mediante previo aviso telefónico dos particulares ou da dirección facultativa á empresa adxudicataria.

No hay comentarios: