jueves, 21 de febrero de 2013

O servizo Eures Galicia-Norte de Portugal formará aos estudantes no 'Fórum Emprego Universitario 2013'


O ForumEmprego Universitario 2013 informou aos estudantes finalistas e egresados das posibilidades que ofrece Europa e, máis concretamente, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no ámbito laboral e profesional.

A Universidade de Vigo é a única de todo o Estado Español que forma parte coma socia da Rede Eures (Servizos de Emprego Europeos).

A oficina Eures, que se atopa no edificio da Gota de Leche, atendeu preto de 7.000 peticións de información e asesoramento no ano 2012.

O perfil dos usuarios é maioritariamente universitario –un 65%- pero tamén con estudos de formación profesional -15%- destacando, por sectores, os que se adican a industria, sanidade, docencia ou hostalería.


A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch,participou esta mañá no acto de presentación oficial do ForumEmprego Universitario 2013 – 12ªedición das Xornadas Universitarias de Emprego de Galicia e Norte de Portugal que, durante toda a xornada de hoxe, se celebran na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.

A responsable da Administración autonómica na cidade destacou a boa oportunidade que se ofrece aos alumnos e alumnas da Universidade de Vigo coa celebración destas xornadas, que teñen coma finalidade informar aos estudantes finalistas e egresados das posibilidades que oferta Europa e, máis concretamente, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no ámbito laboral e profesional. Bravo Bosch estivo acompañada na presentación oficial pola decana da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo, Ana María Pita Grandal; o Comisionado de Plans Estratéxicos da Universidade de Vigo, Xavier Martínez Cobas, e a conselleira Eures e organizadora das xornadas, Elisa González Pérez. Este foro celebrouse onte no Campus Universitario de Ourense e mañá tocaralle a quenda ao Campus de Pontevedra.

A Consellería de Traballo e Benestar é o órgano responsable ante a Comisión Europea da coordinación e xestión do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal dende o ano 2010.

Bravo destacou, ademáis, a colaboración da Universidade de Vigo con este tipo de iniciativas que teñen coma obxectivo final axudar aos alumnos e alumnas no seu futuro laboral xa que é a única do Estado Español que forma parte como socia da Rede Eures (Servizos de Emprego Europeos). Así, algúns dos aspectos que se abordarán nesta nova edición dunha cita xa tradicional entre o alumnado pasan por analizar as prácticas e saídas laborais na Unión Europea, a inserción no mundo laboral, coñecer como crear unha marca persoal e a valorar as posibilidades que ofrece o terceiro sector, o da solidariedade, ou algo tan simple como aprender a facer o currículo europeo.

Oficina Eures en VigoA delegada informou que dende a oficina do Eures, que se atopa no edificio da Gota de Leche, os seus técnicos atenderon durante todo o ano 2012 preto de 7.000 peticións de información e asesoramentoben persoalmente, en grupo ou ben a través de correo electrónico ou por teléfono. Deste dato, concretamente, máis de 2.000 peticións son relativas ao Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

O perfil dos usuarios que se achega a este servizo é maioritariamente universitario –un 65%- pero tamén con estudos de formación profesional -15%-, destacando, sobre todo por sectores, os que se adican a industria, sanidade, docencia ou hostalería, entre outros. Actualmente, Alemaña e Reino Unido son os países que máis número de ofertas de emprego focalizan tendo boas oportunidades de emprego no eido da atención sociosanitaria e coidados persoais; mecánica e mantemento de equipos; profesionais de finanzas, dirección e xestión de empresas ou informática.

Qué é a Rede Eures
Eures (Servizos de Emprego Europeos), creada en 1993, é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego dos Estados membro que ten a función de facilitar información sobre oportunidades de emprego e condicións de vida e traballo no Espazo Económico Europeo. O obxectivo é poñer en contacto ofertas e demandas de emprego a nivel europeo.

Actualmente hai 20 Eures transfronteirizos. O Eures Galicia-Norte de Portugal constituíuse en 1993, coa colaboración de patronal, sindicatos, asociación empresariais e Universidades dos dous territorios.A día de hoxe na rede Eures hai 1,2 millóns de ofertas de emprego disponibles nos 31 países que forman parte desta iniciativa, entre eles destacan Alemania, Portugal, Suecia, Noruega, Finlandia, Holanda, Reino Unido ou Italia.

Eures ten unha misión especialmente importante que cumplir nas rexións transfronteirizas, onde hai importantes fluxos transfronteirizos de traballadores. Os máis de 600.000 traballadores que viven nun Estado da Unión Europea e traballan noutro teñen que facer fronte a diario a obstáculos á mobilidade de carácter administrativo, xurídico ou fiscal. Os conselleiros Eures nestas rexións –máis de 850 conselleiros en toda Europa-, proporcionan un asesoramento e unha orientación particulares sobre os dereitos e as obligacións dos traballadores que viven un país e traballan noutro.

Co obxecto de satisfacer as necesidades de información e coordinación relacionadas coa mobilidade laboral nas rexións transfronteirizas, estas asociacións poñen en comunicación aos servizos públicos de emprego cos de formación profesional, as organización patronais cos sindicatos, as autoridades locais e outras institucións que traballan no emprego e a formación profesional.

No hay comentarios: